Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC da UDC desenvolverá proxectos de IA e saúde, seguridade e estatística financiados polo Goberno
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC da UDC desenvolverá proxectos de IA e saúde, seguridade e estatística financiados polo Goberno

S. P.
Publicado: 26/08/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

citic_exterior_udc.jpgO Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades seleccionou seis proxectos dirixidos por persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña dentro dos convocatoria Proxectos de Xeración de Coñecemento 2023. Contarán cun financiamento que ascende a máis dun millón de euros e desenvolveranse durante os próximos 3 anos.
Os programas contemplan o desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías TIC en Intelixencia Artificial, estatística avanzada e ciberseguridade. Teñen como obxectivo abordar desafíos actuais en diversas áreas, incluíndo a saúde e a biomedicina, a sustentabilidade, a accesibilidade, a viabilidade económica, a xeración de sistemas intelixentes confiables e a protección contra ciberameazas.
IA máis sostible, accesible e segura para mellorar a vida das persoas
O desenvolvemento de novos métodos estatísticos para a análise de datos complexos con aplicacións en ciencias da saúde, a biomedicina e a ciencia dos materiais é o obxectivo do proxecto Inferencia estatística utilizando métodos flexibles para datos complexos: teoría e aplicacións. Liderado por Mario Francisco Fernández e Ricardo Cao Abad, abordará a investigación de novos métodos non paramétricos e semiparamétricos que poden mellorar de xeito significativo a calidade de vida de pacientes con enfermidades como o cancro de mama e a artrite reumatoide.
Tecnoloxías da linguaxe desde unha perspectiva verde: dominios con escasos recursos, dirixido por Carlos Gómez Rodríguez e Jesús Vilares Ferro, é o título que dá nome ao segundo dos proxectos financiados. Neste caso, trátase de abordar o reto de adaptar os modelos de Procesamento da Linguaxe Natural (NLP) a criterios de sustentabilidade ambiental e viabilidade económica, sen comprometer o seu rendemento. A investigación centrarase en técnicas para explotar escenarios con escasos recursos, contribuíndo á creación dunha Intelixencia Artificial máis sostible e accesible.
citic_udc-2.jpg As investigadoras do CITIC Bertha Guijarro Berdiñas e Amparo Alonso Betanzos serán as responsables de materializar o concepto de IA frugal grazas ao proxecto Aprendizaxe automática frugal: potenciando a IA en contornas con recursos limitados para os desafíos do mundo real. O programa busca desenvolver novos algoritmos de aprendizaxe automática que funcionen eficazmente en escenarios con recursos limitados. A investigación enmárcase na tendencia cara á IA frugal, que promove un uso máis sostible e democrático da intelixencia artificial, ampliando ademais as súas posibilidades de aplicación a contornas con restricións de datos, tempo e capacidade computacional.
Algoritmos de Aprendizaxe Automática de Nova Xeración para a Análise de Rexistros Médicos do Sono (NEXT-XENE-SOMNUS) é o proxecto que levarán a cabo os equipos de Eduardo Mosqueira Rey e Diego Álvarez Estévez. A iniciativa busca mellorar a análise dos rexistros médicos do sono mediante o uso de diversos algoritmos de aprendizaxe automática de nova xeración, baseados en mecanismos de autoatención, a colaboración de expertos humanos no proceso de aprendizaxe e a inclusión da computación cuántica. A través destes preténdese desenvolver solucións máis eficientes e explicables para o diagnóstico de trastornos do sono.
O proxecto innovador Mellorando a Detección de Ciber Ameazas usando Modelos de Linguaxe de Gran Tamaño para Protocolos de Rede explora o uso de modelos de linguaxe de gran tamaño (LLM) aplicados a protocolos de rede para mellorar a detección de ciberameazas e ataques cibernéticos. Liderado por Fidel Cacheda Seijo e Víctor Manuel Carneiro Díaz, céntrase na integración destas técnicas nos sistemas de xestión de eventos e información de seguridade (SIEM), mellorando a precisión e eficiencia na detección de ataques cibernéticos.
Por último, Xeración de Explicacións en Sistemas Intelixentes Híbridos para Asegurar a Fiabilidade, co-dirixido por José Pedro Cabalar e o investigador do CITIC José Santos Reyes, persegue a consecución de sistemas intelixentes seguros mediante a xeración de explicacións baseadas en coñecemento, orientadas ao entendemento humano e adaptadas aos criterios de rendición de contas, responsabilidade e transparencia. Con tal fin, úsase como base formal o paradigma de representación do coñecemento e resolución de problemas coñecido como Answer Set Programming (ASP) e estúdase a construción de sistemas híbridos que incorporan distintas ampliacións en tarefas de razoamento, así como en aprendizaxe automática baseada en computación evolutiva. O proxecto implica tanto investigación teórica fundamental como desenvolvemento de prototipos software que serán aplicados en catro escenarios reais usados como probas de concepto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?