Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 60 nómades dixitais participan na iniciativa Fixar con sedes en Laxe, Lobeira e Ponte Caldelas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 60 nómades dixitais participan na iniciativa Fixar con sedes en Laxe, Lobeira e Ponte Caldelas

S. P.
Publicado: 27/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240827_dxtaes_coliving_laxe_1.jpgA directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou este 27 de agosto en Laxe as instalacións de iSlow, un dos tres centros onde se está a desenvolver o proxecto pioneiro de coliving para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural que a Xunta está a levar a cabo da man da Asociación Cultural Sende. Alí, Mariño mantivo un encontro coas persoas implicadas na iniciativa Fixar na que participarán un total de 60 persoas seleccionadas, que comezaron neste mes de agosto as primeiras estadías de 15 días contempladas tanto en iSlow como nos coliving de Sende (Lobeira) e Anceu (Ponte Caldelas).
20240827_dxtaes_coliving_laxe_2.jpg Segundo destacou Mariño, trátase da primeira actuación destas características que promove a Consellería de Emprego xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving de Europa e que, segundo dixo, “conta con ampla experiencia neste ámbito”. A directora xeral salientou que as 60 persoas participantes -13 delas asesoradas desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego- foron seleccionadas das catro provincias galegas, con proxectos multidisciplinares relacionados con eidos como o da cultura ou o da educación, o da arquitectura ou o da construción, o da comunicación ou o da informática. Tamén son sobre artesanía, oficios ou moda, financeiros ou arredor do medio ambiente, entre outros eidos de traballo.
Así mesmo, apuntou que unha boa parte destas persoas participantes -entre as que se poden atopar galegos retornados ou estranxeiros afincados na nosa terra- residen en cidades e teñen interese en asentarse no rural galego, co obxectivo de dinamizalo e de ofrecer novos servizos e recursos nesas contornas.
Fases de Fixar
No marco do proxecto Fixar traballarase coa comunidade en tres fases. A primeira artéllase a través das estadías que xa comezaron, nas que os participantes afondarán no espírito e na filosofía do coliving rural, recibirán mentoring, construirán a súa rede e traballarán en impulsar os seus negocios. Deste xeito, “búscase conxugar as oportunidades que ofrecen estes espazos co compromiso comunitario, coa tecnoloxía e cos beneficios do rural galego”, sinalou a directora xeral, engadindo que na segunda fase proporcionarase apoio continuo a esta comunidade a través dun grupo especial en liña para axudala en aspectos relacionados coa vida na aldea. A terceira fase consistirá en organizar xuntanzas presenciais cada mes, permitindo que os 60 participantes se encontren e fortalezan o sentido de comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?