Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Memoria Dixital de Galicia achega máis de 60.000 documentos e máis de 9 millóns de fotografías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Memoria Dixital de Galicia achega máis de 60.000 documentos e máis de 9 millóns de fotografías

S. P.
Publicado: 28/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galiciana_arquivo_dixital_de_galicia.jpgMáis de 600.000 obxectos dixitais, entre os que se atopan todo tipo de documentos e publicacións, así como máis de 9 millóns de fotografías, poden ser consultados na Biblioteca Dixital de Galicia, Galiciana. Ademais, un total de 40 arquivos municipais teñen acceso ao sistema de xestión de documentos no marco do proxecto de Patrimonio Dixital de Galicia. Estes datos forman parte do balance de evolución da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
O informe tamén destaca “a evolución con novas funcionalidades do sistema de xestión de recursos do Patrimonio Cultural de Galicia XERPA”, que conta xa con cerca de 50.000 bens rexistrados. Esta plataforma integra a xestión de información, a tramitación administrativa e a localización do Censo do Patrimonio Cultural de Galicia, o Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia e a relación de bens de interese cultural.
Por outra banda, a axencia AMTEGA lembrou a doazón, por parte da Xunta, á plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia cun sistema de xestión compartido baseado no programa de código aberto de Koha. Na actualidade son xa máis de 700 bibliotecas as que están integradas no sistema, case o dobre das que había en 2021.
A Xunta mantén tamén activa a plataforma de colaboración Galicia Nomeada, que se encarga de manter a memoria dos nomes de lugares. Na actualidade, a plataforma conta con máis de 3.600 persoas usuarias, que fixeron xa case 80.000 contribucións.
O balance da EGD2030 destaca tamén “o impulso da presenza do galego na contorna tecnolóxica a través de iniciativas como Proxecto Nós, Stellae 5.0”, ou o desenvolvemento dunha versión impulsada por IA do tradutor automático Gaio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?