Nos últimos meses foron varios os actos de desobediencia de X ante as peticións do Tribunal Supremo do Brasil (que si atenderon Google e Meta), que levaron a que o maxistrado Alexandre de Moraes ameazase con prender aos representantes da compañía no Brasil, ao que X reaccionou co cesamento das súas actividades no país, ou sexa, destituíndo á súa representante legal no territorio brasileiro, quedando así a súa plataforma fóra da lei.
Ante esta situación Alexandre de Moraes, do Tribunal Supremo, instou a Elon Musk como propietario de X a nomear un novo representante legal da plataforma en 24 horas, ou terían que suspender as actividade de X no Brasil ata que se cumpran as ordes xudiciais que a plataforma está a ignorar conscientemente, así como tamén aplicará as multas diarias pertinentes ante este tipo de infracción.
Elon Musk, en vez de acatar as ordes xudiciais, dedícase a lanzar acusacións ao maxistrado, asegurando que é «o ditador de Brasil» e chamándolle criminal, mentres que Moraes estaría a facer efectivas as sancións contra X de xeito indirecto, bloqueando os valores financeiros do «grupo económico de facto» de Musk, ou sexa, bloqueando as contas de Starlink e citando xudicialmente a todos os directivos de tal compañía no Brasil.
Queda agora por ver se finalmente bloquearán tamén o acceso a X no territorio brasileiro.
Brasil podería bloquear o acceso a X por desobediencia
Compartir Este Artigo

