Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara da Coruña e a Xunta lanzan unha ducia de cursos para transformar o comercio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara da Coruña e a Xunta lanzan unha ducia de cursos para transformar o comercio

S. P.
Publicado: 03/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tic_computador_portatil_transformacion.jpgA Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta retoman co inicio do curso a súa actividade formativa dirixida ao sector comercio para seguir impulsando a competitividade en Galicia de persoas traballadoras e autónomas en activo, persoas traballadoras en situación de desemprego, persoas novas, mulleres e desempregadas de longa duración e maiores de 45 anos. Este plan ten o obxectivo de actualizar e formar nas novas ferramentas e coñecementos aos profesionais do sector e facilitar a súa adaptación aos cambios. A formación gratuíta dará comezo o 10 de setembro e as prazas son limitadas.
Preto de 260 persoas poderán participar neste plan, que contempla 11 cursos, e que está focalizado no fortalecemento das competencias transversais, habilidades, atención ao cliente, comercio electrónico, innovación e idiomas, entre outros.
Desde o inicio deste plan formativo, en 2023, participaron máis de 400 persoas.
A nova axenda inclúe tres piares formativos: estratexia, punto de venda e sustentabilidade.
A nivel concreto, inclúense os seguintes cursos:
• Inglés nivel A1, A2, B1 e B2 con certificación oficial incluída: 10 de setembro ao 24 de novembro.
• Desenvolvemento TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para a fidelización e acción comercial. Gamificiación: 18 de setembro ao 28 de novembro.
• Interiorismo: 18 de setembro ao 11 de novembro.
• Habilidades comerciais: 25 de setembro ao 11 de novembro.
• Eficiencia enerxética: 25 de setembro ao 4 de novembro.
• Desenvolvemento sostible: 25 de setembro ao 4 de novembro.
• Promocións comerciais no punto de venda: 2 de outubro ao 4 de novembro.
• Photoshop avanzado: 2 de outubro ao 4 de novembro.
• Control de queixas e reclamacións: 9 ao 28 de outubro.
• Atención ao cliente e calidade do servizo: 9 ao 29 de outubro.
• Xestión básica de almacén: 9 ao 28 de outubro.
Información e inscricións na web da Cámara.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?