Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A elite mundial da criptografía cuántica xúntase esta semana en Vigo na QCrypt
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A elite mundial da criptografía cuántica xúntase esta semana en Vigo na QCrypt

S. P.
Publicado: 03/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

qcrypt1_uvigo.jpgA elite mundial da investigación e experimentación en criptografía cuántica participa esta semana en Vigo no 14th International Conference on Quantum Cryptography, QCrypt, un evento que, por primeira vez na súa historia, celébrase en España. Organizado pola Universidade de Vigo e o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, a cita arrincou a primeira hora deste luns no edificio Afundación coa asistencia de 330 investigadoras e investigadores, dos que preto do 90% son estranxeiros, maioritariamente chegados de toda Europa, pero tamén cunha ampla presenza de países como Estados Unidos, Canadá, China, Xapón, etc.
Son, segundo informaron a UVigo e o CESGA, “unha mostra dos expertos e expertas que día a día traballan por garantir a confidencialidade absoluta na transmisión de datos a través de Internet, un eido no que, dada a súa importancia, se están a realizar grandes investimentos, tanto públicos como privados.”
qcrypt2.jpg A inauguración do encontro correu a cargo do reitor, Manuel Reigosa, e dos docentes da Universidade de Vigo Marcos Curty, catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e director científico do Vigo Quantum Communication Center, adscrito ao centro de investigación AtlanTTic, e Davide Rusca, en representación do comité organizador. Os tres fixeron fincapé na “enorme satisfacción” que supón para a Universidade de Vigo traer a España un evento que, previamente, se celebrou en cidades tan importantes como como Zurich, Waterloo, Tokyo, Singapore, Cambridge, Paris, Shanghai, Montreal, Amsterdam, Taiwan ó Washignton DC.
qcrypt5.jpg Ademais de dar a benvida aos asistentes e facer pequenos anuncios organizativos, os responsables do encontro destacaron “o gran esforzo que se está a facer desde Galicia”, e “particularmente na UVigo, a través do Vigo Quantum Communication Center, para realizar investigación de excelencia en tecnoloxías cuánticas de comunicación”, exemplo disto son os 15 traballos de investigación realizados desde aquí no último ano que serán presentados nesta cita.
qcrypt4.jpg O programa do luns incluíu dúas charlas convidadas, unha delas impartida por un dos principais referentes internacionais neste eido, o profesor Hoi-Kwong, da Universidade de Toronto, Canadá.
Serán cinco xornadas -ata o venres 6- de intensa actividade, na que tamén se aproveitará para visitar as instalación do Vigo Quantum Communication Center ou realizar -o vindeiro xoves- unha sesión “industrial” liderada por un representante de Telefónica, na que tamén participarán representantes das principais empresas internacionais do sector.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?