
A convocatoria para este ano conta cun orzamento de 60.000 euros, divididos en sete premios de 5.000 euros e unha serie de mencións. O seu obxectivo concreto e estendido é premiar as empresas que se distinguisen polas boas prácticas no eido da conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación, comercialización en produtos e servizos culturais, retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e, tamén, das boas prácticas de empresas de economía social.
Estas distincións están dirixidas a todas as empresas que teñan a súa sede social fiscal e, cando menos, un centro de actividade no Concello de Santiago de Compostela, baixo calquera forma xurídica admitida en dereito, e sexa cal sexa o seu campo de actividade. Establécense as seguintes categorías:
– Boas prácticas en materia de conciliación.
– Boas prácticas en materia de economía circular.
– Boas prácticas en materia de innovación e ciencia aplicadas ao modelo de negocio.
– Boas prácticas en innovación, en comercialización de produtos e servizos culturais.
– Boas prácticas de empresas de economía social.
– Boas prácticas que identifican estratexias que apostan por atraer, reter ou mellorar o talento.
– Boas prácticas aliñadas cos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030.
Como novidade, terase en conta como criterio de valoración a aplicación da perspectiva de xénero e da igualdade nas propostas presentadas.
Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos Premios á Excelencia Empresarial de Santiago
Compartir Este Artigo

