Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN incrementará con VInnovate a presenza internacional do ecosistema galego de I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN incrementará con VInnovate a presenza internacional do ecosistema galego de I+D+i

S. P.
Publicado: 03/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gain-2.jpgA Axencia Galega de Innovación impulsa unha nova convocatoria para impulsar a I+D na nosa terra. Trátase de VInnovate Galicia, unha iniciativa encadrada en Vanguard Initiative, da que forma parte GAIN, e que consiste nun instrumento de financiamento pioneiro que facilita a creación de consorcios para o impulso de proxectos de I+D. A convocatoria VInnovate Galicia publicarase na primeira quincena de setembro. Este 5 de setembro celebrarase unha xornada na sede da Axencia para presentar esta nova convocatoria.
O obxectivo concreto de VInnovate Galicia é “potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do ecosistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D”.
As entidades beneficiarias son as empresas (grandes, medianas e pequenas) e os organismos de investigación, que inclúen centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
Universidades do SUG, centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas, fundacións de investigación sanitaria da nosa terra e outros organismos de investigación de Galicia nos que a I+D sexa a súa actividade principal.
Respecto das características xerais dos proxectos galegos que se poden presentar a esta convocatoria, deberan ser proxectos en colaboración (mínimo 2 entidades e máximo 4, tendo que contar, como mínimo, cunha peme e colaborar con, polo menos, outro axente dalgunha das rexións que participan nesta iniciativa da Vanguard Initiative), deberán ter un orzamento de como mínimo 150.000€. e o nivel tecnolóxico proxectos terá que estar comprendido entre os TRL 6 e 7. Ademais, os proxectos é necesario que se adscriban aos ámbitos da bioeconomía, a Intelixencia Artificial, o hidróxeno, a saúde intelixente / medicina personalizada, a fabricación avanzada para aplicacións enerxéticas offshore, a produción de alto rendemento a través da impresión 3D, os novos produtos de base nanotecnolóxica e a fabricación eficiente e sostible.
Quen estea interesado nesta convocatoria pode inscribirse no Infoday do día 5 de setembro na sede da Axencia Galega de Innovación e online para saber máis sobre esta nova convocatoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?