Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC ofrecerá a metade da formación da FP Dual de aplicacións do IES Fernando Wirtz Suárez
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC ofrecerá a metade da formación da FP Dual de aplicacións do IES Fernando Wirtz Suárez

S. P.
Publicado: 03/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muller_computador_laptop_portatil_moza.jpgO Clúster TIC Galicia ofrecerá preto do 50% da formación curricular da FP Dual de Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma do IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña, considerada unha das titulacións con maior empregabilidade segundo o Observatorio das Ocupacións do SEPE. Catro empresas integradas no Clúster, Aldaba, Cinfo, Plexus Tech e Luckia formarán así ao alumnado deste ciclo formativo, de 2.106 horas de duración, e cuxas prazas, 16 en total, xa están cubertas.
“O obxectivo é que os estudantes entren en contacto con proxectos reais en empresas tech dende o primeiro ano para aumentar a súa produtividade e facilitar a súa inserción laboral da forma máis inmediata posible”, sinalou Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia e director executivo (CEO) de Cinfo.
Engadiu que esta colaboración forma parte da estratexia da entidade, que “ten en marcha diversas accións para aumentar o talento tecnolóxico na comunidade, un problema que acusa o sector”. A través deste convenio, dixo, “queremos que o Clúster TIC Galicia actúe como intermediario, capacitando de forma práctica ao alumnado antes da súa incorporación a compañías do sector”.
O primeiro ano académico, 2024-2025, as e os estudantes recibirán formación técnica na Cidade das TIC durante dous meses e medio, de maio a xullo, e o segundo curso, 2025-2026, a partir de febreiro de 2025, traballarán durante seis meses nas sedes de Aldaba, Cinfo, Plexus Tech e Luckia en diferentes proxectos.
“Este é a primeira vez que colaboramos nunha FP dual intensiva, pero a idea é estender o modelo a outros centros educativos que oferten ciclos similares noutras cidades de Galicia”, apunta del Corral, e engade: “Tamén esperamos que máis empresas socias do Clúster se sumen á iniciativa”.
O Clúster lembra que este lanzamento coincide coa implantación do novo sistema dual recollido na Lei da Formación Profesional, aprobada hai dous anos, tanto nos ciclos formativos de grao medio como nos de grao superior, así como nos mestrados (masters) de FP que contemplen prácticas. A partir deste curso, os alumnos formaranse no centro e na empresa desde o primeiro ano, ademais de cotizar á Seguridade Social durante toda a estadía práctica. Así mesmo, todos os ciclos contarán con novos contidos baseados na dixitalización, a sustentabilidade ou o emprendemento, aspectos clave para facilitar o acceso da mocidade ao emprego.
O Clúster TIC Galicia ten en marcha outras accións para promover o talento tecnolóxico, como o seu plan formativo, organizado en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, cuxa cuarta convocatoria está a piques de ver a luz, ou o Campus Dual TIC, unha iniciativa posta en marcha coas universidades galegas e Imatia para capacitar de forma áxil e práctica aos perfís dixitais máis demandados polas empresas tecnolóxicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?