Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es aumenta un 400% a súa execución orzamentaria nos últimos tres anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es aumenta un 400% a súa execución orzamentaria nos últimos tres anos

S. P.
Publicado: 03/09/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

red.es_balance.jpgA entidade pública estatal Red.es fixo balance das súas máis de dúas décadas de traballo enfocadas á transformación dixital de España con proxectos de gran impacto para a sociedade e co obxectivo de ser referente en economía dixital, cidades intelixentes, servizos públicos, cidadanía, infraestruturas e internacionalización de empresas de base tecnolóxica.
No marco do 38 Encontro da Economía Dixital e as Telecomunicacións celebrado en Santander e organizado por AMETIC, o director xeral de Red.es, Jesús Herrero, acompañado do director de Administración e Finanzas, Luis Palomo, repasou os fitos máis relevantes alcanzados pola entidade, así como o reto que supuxo o incremento orzamentario dos últimos anos, pasando de xestionar 317 millóns de euros en 2021 a preto de 1.600 en 2024, o que supón un incremento de máis do 400%. Tamén valorou “a envergadura de programas de impulso da transformación dixital do tecido empresarial español”, como Kit Dixital ou Kit Consulting, os dous de Red.es, favorecendo a diminución de desigualdade entre pemes e un aumento da súa produtividade.
Segundo explicaron, parte dos logros do traballo da entidade vense reflectidos no segundo Informe sobre o estado da Década Dixital, publicado en xullo, que sitúa a España nunha posición de referencia en canto a conectividade, cunha cobertura de fibra de máis do 95% fronte ao 64% da media europea ou en dixitalización de pemes, cun 61% de intensidade dixital polo menos básico fronte ao 58% da media. Sinalaron que España tamén supera a media en competencias dixitais polo menos básicas, con máis de 10 puntos por encima, e a dixitalización de servizos públicos (84% fronte a 79%).
Salientaron tamén proxectos de impacto de Red.es como a celebración do último MWC Barcelona, onde máis de 10.000 persoas pasaron polo Pavillón de España e no que participaron 45 empresas expositoras que situaron en 12 millóns a cifra de negocio estimada. Ou a posta en marcha da Incubadora de Empresas do sector tecnolóxico sobre Realidade Virtual e Aumentada en Almendralejo (Badaxoz) que comezará a súa andaina este ano. Tamén destacaron o impulso á Comunidade Desafia xunto ao ICEX, un punto de encontro coa innovación e o talento de todas as pemes e startups que pasaron por esta iniciativa que, creada en 2011, facilita a súa entrada nos ecosistemas tecnolóxicos máis innovadores do mundo. A iniciativa sumou este ano ademais Desafia Nova York, enfocado na ciberseguridade e Desafia Nórdicos, enfocado na saúde dixital.
Ademais, lembraron que Ddesde o período de programación 2000-2006, Red.es canalizou fondos provenientes tanto da Política de Cohesión como do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia “contribuíndo a mellorar a infraestrutura dixital en España, impulsando a dixitalización de servizos públicos, as competencias dixitais, a innovación e o emprendemento e a colaboración e sinerxías entre entidades”, sinalaron no balance, engadindo que a entidade foi quen de xestionar ao redor de 1.500 millóns de euros en investimentos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) en diferentes períodos, en liñas de transformación dixital das empresas, e impulsando proxectos estratéxicos en materia de servizos públicos, en educación, sanidade, xustiza ou en impulso da dixitalización na xestión das Administracións locais.
Puxeron o foco en iniciativas como Pilotos 5G, que finalizaban a súa xustificación en decembro con máis de 120 casos de uso desenvolvidos e 81M€ de investimento; a formación para mozas e desempregados, cuxas actuacións finalizaban en xaneiro con máis de 21M€; 370 cursos e preto de 5.700 alumnos formados (case a metade deles mulleres); o Programa Escolas Conectadas, que finalizaba tamén en xaneiro con máis de 3,7 millóns de alumnos beneficiados coa dotación de banda larga ultrarápida en preto de 10.300 centros; ou a iniciativa Educa en Dixital, que en febreiro poñía en marcha o proxecto de definición de casos de uso de aplicación da IA ao sistema educativo e que completou unha dotación de 600.000 dispositivos no seu apoio á transformación dixital do sistema educativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?