Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sede da tecnolóxica Balidea acolleu a presentación da nova fichaxe do Obradoiro: Nacho Varela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sede da tecnolóxica Balidea acolleu a presentación da nova fichaxe do Obradoiro: Nacho Varela

S. P.
Publicado: 05/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_nacho_fichaxe_obradoiro.jpgA sede principal da empresa tecnolóxica Balidea, situada en Santiago, acolleu a presentación de Nacho Varela, nova fichaxe do primeiro equipo do Obradoiro CAB para a vindeira tempada, unha presentación enmarcada na colaboración da firma TIC co club compostelán. Durante a presentación, o xogador estivo acompañado por Héctor Galán, director xeneral do Obradoiro, e Andrés Rodríguez, membro do comité de dirección e responsable da área de Ciberseguridade de Balidea.
Nacho Varela Arroyo, nacido en Chile no ano 2000, desempéñase como base e chega ao Obradoiro para achegar a súa ampla experiencia en Primeira FEB, apoiada tanto polas súas estatísticas individuais como polos seus logros a nivel colectivo. Sen ir máis lonxe, a pasada campaña logrou o ascenso de categoría co ICG Força Lleida.
Andrés Rodríguez destacou o apoio de Balidea ao club desde hai máis de sete anos e desde a canteira: “Sen dúbida, somos Obra; e cónstanos que moitos dos nosos traballadores e traballadoras estarán cada fin de semana apoiando o equipo desde a bancada. Nacho, desde a súa posición de base, será unha peza clave para cumprir a principal ilusión da tempada”, comentou.
Balidea leva máis de 7 anos apoiando ao Obradoiro de diferentes xeitos. Por exemplo dando nome ao equipo cadete masculino do club, o Balidea Obradoiro, que encadea moitas tempadas representando a firma tecnolóxica no campionato de España. Por outra banda, a empresa fomenta a práctica deportiva do baloncesto apoiando a través da Fundación Obradoiro as actividades socio-deportivas que organiza o club entre nenos e mozos para axudar ao deporte galego de competición.
Ademais, ao longo da colaboración co club e desde o punto de vista tecnolóxico, Balidea achega solucións de apoio nos adestramentos para a análise de xogadas en tempo real.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?