Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto Finis terrae reconstrúe virtualmente dous sitios militares romanos da Laracha e Touro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto Finis terrae reconstrúe virtualmente dous sitios militares romanos da Laracha e Touro

S. P.
Publicado: 05/09/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

roman_army_finis_terrae_presentacion.jpgOs campamentos romanos de Santa Baia (A Laracha) e o Castrillón (Touro) foron reconstruídos virtualmente ao abeiro do proxecto de investigación e divulgación Finis terrae, destinado a coñecer e poñer en valor sitios militares do exército romano na provincia da Coruña que foron descubertos nos últimos anos. Este proxecto guindou unha manchea de conclusións sobre estes emprazamentos. Por exemplo que foron encravados en sitios arqueolóxicos previos, ampliados coa presenza militar romana, e que foron construídos e abandonados con rapidez.
santa_baia_acceso.jpgEstes xacementos arqueolóxicos foron investigados entre 2002 e 2023 por membros do colectivo romanarmy.eu co apoio da Deputación da Coruña, e cos datos elaboráronse detalladas recreacións virtuais e outros materiais divulgativos accesibles para o público. Na presentación dos resultados do proxecto participaron o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, José Manuel Costa, profesor da Universidade de Salamanca e coordinador do proxecto Finis Terrae, Manuel Gago, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Francisco Alonso Toucido, arqueólogo da empresa Tempos Arqueólogos.
santa_baia_vista_xeral_1.jpgO principal obxectivo científico do proxecto foi afondar no coñecemento dos momentos iniciais da conquista romana do territorio da actual provincia da A Coruña mediante o uso de metodoloxía arqueolóxicas. Con este fin, os esforzos concentráronse no estudo de dous xacementos singulares. O sitio de Santa Baia (A Laracha) presenta a particularidade de que no mesmo lugar existiron un castro da Idade do Ferro e un campamento romano dunhas 5 ha de extensión. Os traballos arqueolóxicos confirmaron a presenza dunha potente muralla no primeiro caso que puido datarse entre os séculos VI e III a. C., sen que poidan descartarse cronoloxías anteriores. As intervencións demostraron que o campamento, como corresponde a este tipo de fortificacións temporais, foi construído con rapidez, escavándose un foso e levantándose un parapeto de terra detrás do mesmo. Logo do seu abandono, desmantelouse con igual velocidade.
Pola súa parte, o sitio do Castrillón (Touro) é unha fortificación de pequeno tamaño que conta con dous recintos defensivos con dúas fases construtivas: un complexo sistema de terrazas que aproveita os afloramentos rochosos locais e unha serie de parapetos levantados con pedra e terra. Polo momento, as investigacións parecen apuntar “cara a coidada construción do primeiro sistema antes da chegada dos romanos (séculos V-IV a. C.)”, mentres que o segundo evidencia “unha rápida refortificación e ampliación dos espazos defensivos que se relacione coa chegada dos romanos á zona”.
ocastrillon_panoramica_2.jpg Segundo sinalou Costa, “os obxectivos científicos do proxecto cumpríronse totalmente, pois logramos xerar nova información que nos permitirá entender mellor este complexo período histórico e tivemos ocasión ademais de testar distintas metodoloxías científicas que axudarán a outros investigadores no futuro”.
ocastrillon_panoramica_1.jpgNa presentación dos resultados lembraron que unha das liñas máis destacadas do proxecto é “o esforzo por producir materiais divulgativos que facilitaran a divulgación do traballo de investigación entre a sociedade”. Deste xeito, o proxecto apostou por un conxunto innovador de produtos para difundir a investigación, colaborando con profesionais de distintos ámbitos do sector cultural galego que contribuíron a facer visibles as hipóteses dos arqueólogos en relación aos xacementos de Santa Baia e O Castrillón. En concreto, inclúense ilustracións a cargo do recoñecido debuxante Alberto Taracido, detalladas recreacións virtuais das dúas fortificacións investigadas a cargo do Centro Infográfico Avanzado de Galiza (CIAG), integrado pro Anxo Miján, Carlos Paz e Miguel Torre, que se plasman en vídeos bilingües en galego e inglés e detalladas imaxes.
“As recreacións permiten non só crear empatía entre os cidadáns e os xacementos arqueolóxicos, senón que se converteron mesmo nunha ferramenta para comprobar a viabilidade dalgunhas hipóteses do equipo de investigación”, sinalou Manuel Gago, responsable desta área, engadindo que “optamos por botar man das tecnoloxías máis realistas para modelar non só os xacementos, senón a paisaxe da época, nas recreacións máis ambiciosas de sitios militares romanos feitas ata o momento en Galicia”. Así mesmo, sinalou, un podcast realizado polo produtor sonoro Jorge Lama permite trasladar en formato conversacional os resultados nun dos formatos narrativos con maior crecemento nos últimos anos.
O proxecto Finis terrae
O proxecto Finis Terrae está coordinado polo profesor José Manuel Costa García, da Universidade de Salamanca e membro do colectivo de investigación Romanarmy, coa execución arqueolóxica da empresa Tempos Arqueólogos. A iniciativa está financiada pola área de Cultura da Deputación da Coruña co obxectivo de coñecer como se produciu a penetración de Roma no noroeste da Península a través do estudo dos xacementos localizados nos últimos anos grazas ás novas tecnoloxías. O proxecto contemplou a prospección arqueolóxica dos sitios, a realización de sondaxes arqueolóxicas e a preparación de materiais divulgativos que deran conta á sociedade dos resultados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?