Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra participa nun proxecto que mellora o cultivo de kiwi con tecnoloxía IoT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra participa nun proxecto que mellora o cultivo de kiwi con tecnoloxía IoT

S. P.
Publicado: 06/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_areeiro_pontevedra_touris_kiwi_areeiro.jpgA Deputación de Pontevedra, a través da Estación Fitopatolóxica Areeiro, participa no proxecto Kiwi-Sens, que busca poñer en marcha un sistema integral de monitoraxe de cultivo mediante o uso de tecnoloxías IoT (Internet das cousas) de baixo custe e Intelixencia Artificial con vistas a mellorar da xestión e optimización do cultivo da dita froita en Galicia.
O proxecto, promovido xunto con Kiwi Atlántico, ten un orzamento total de preto de 140.000 euros e está financiado dentro da convocatoria de proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sostibilidade agrícola e forestal da Axencia Galega da Calidade Alimentaria de 2024 e conta co apoio do FEADER (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural).
A iniciativa, que se desenvolverá ao longo de tres anos, pretende modernizar os procesos de campo dunha froita de relevancia estratéxica en Galicia, o kiwi, que ademais ten ampla presenza en zonas rurais, polo que estas beneficiaríanse tamén desta dixitalización e creación de novos coñecementos. O proxecto, no que colabora ademais o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), tamén pretende determinar prácticas para reducir o emprego da auga no cultivo do kiwi, así como para mellorar a predición na aparición de enfermidades no cultivo e optimizar a toma de decisións agronómicas.
A Deputación lembra Galicia e a provincia de Pontevedra son líderes nacionais en produción de kiwi, con máis de 877 hectáreas cultivadas en toda a comunidade e unha produción que supera as 16.000 toneladas anuais. Desde as primeiras plantacións, en 1969 ata agora, o manexo do cultivo foi cambiando, xa que a superficie plantada foi en aumento e se realizaron diferentes investigacións, permitindo desta maneira coñecer mellor o kiwi e conseguir cada vez mellores resultados no seu cultivo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?