Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve en setembro a factoría audiovisual veciñal de San Sadurniño: o Chanfaina Lab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve en setembro a factoría audiovisual veciñal de San Sadurniño: o Chanfaina Lab

S. P.
Publicado: 06/09/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

chanfaina_lab_san_sadurnino-2.jpgCo remate do verán colle impulso a novena edición do Chanfaina lab, o encontro audiovisual e dixital que converte o concello de San Sadurniño nun “grande escenario cinematográfico” e unha factoría de contidos e formatos innovadores.
Este ano reuniranse do venres 6 ao domingo 8 preto de 40 creadoras e creadores, do territorio e doutros concellos, co reto de asumir o desafío de contar unha historia “sen sobrepasar os límites municipais”, informou o Concello, engadindo que a novena edición traerá novamente “experiencias compartidas, aprendizaxes e curtas deleitosas que se estrearán no mes de febreiro”, ademais doutras actividades paralelas que xa comezaron hai uns días cos obradoiros impartidos por Kevin Lorenzo e Domingo D. Docampo.
Este ano o Chanfaina lab está dedicado ao castelo de Naraío e á “súa importancia como enclave histórico fundamental para entender a revolución Irmandiña do século XV”. O artista gráfico Juanlu Nacha trasladou esta temática ao cartel replicando a estética do logotipo de Paramount Pictures, co que o cinema abraza visualmente un dos elementos máis destacados de San Sadurniño.
O programa da cita comeza este venres 6 de setembro xa ao mediodía coa recepción na Casa da Cultura das e dos participantes na edición deste ano, a quen en primeiro lugar se lles ofrecen unhas pequenas nocións sobre o territorio e un pequeno kit de axuda con teléfonos de contacto, o listado de persoas implicadas na organización e entidades que botan unha man, os aloxamentos e outra información que lles pode ser de utilidade durante os seguintes días de gravación.
Posteriormente, sobre as 12:30h, o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, daralles a benvida na Casa do Concello, xusto antes de que o grupo se achegue á finca da Cortiña para participar no xa tradicional acto de amadriñamento dunha das árbores autóctonas situadas á beira do Xubia.
Ao longo da tarde, logo da pausa para o xantar, as creadoras e creadores visitarán o castelo de Naraío e outros elementos destacados do medievo, nun pequeno percorrido guiado polo historiador e arqueólogo Eloi Saavedra. Será na fortaleza onde se faga a tamén tradicional foto de familia.
O mesmo venres, de volta en San Sadurniño, a Casa da Cultura acollerá a partir das 20:00h a Eira de Cineastas, un encontro de todas as realizadoras e realizadores participantes para presentárense e para mostraren fragmentos do seu traballo.
Sábado e domingo para as filmacións
Como nomes confirmados na presente edición contarase con Ángela Arnosa, Irene Ávila, Bieito Beceiro, Fran da Lobeira, Fon Cortizo, Fernando Cortizo, Xaime Fandiño, Kevin Lorenzo, lago Lourido, María Martelo, Carlos Martínez-Peñalver, Pablo Martínez, Anxo Pena, Cora Peña, Héctor Pousa, Xosé Antón Bocixa, Eva Lareo, Manuel Recouso, Isabel Rei, Álvaro Trigo, Abel Vega, Andrea Zapata, e os colectivos, A Rigueira, NaraíoMedia, Teño unha Horta e The Sungirls.
O Concello explicou que “todas e todos eles teñen por diante dous intensos días nos que deberán concibir unha historia, planificala, producila e gravala, aínda que nada lles quita de volver máis adiante se o precisan para completar o proceso”. Malia que este ano se lle dedica esta primeira parte do festival ao castelo de Naraío, o tema polo que poden tirar é “totalmente libre no concepto, na forma e no fondo”, engadiron fontes do Consistorio, explicando que “a única esixencia é que a filmación se faga dentro dos límites municipais e que se faga o posible porque o resultado final, que se verá en febreiro, non supere os 5 minutos”.
Alentaranse todo tipo de formatos e propostas. Mostra disto é a sección Clásicos Chanfaina lab (sábado, 20:00h, Casa da Cultura) na que se proxectarán, con entrada libre, oito curtametraxes de anteriores edicións que dun xeito ou doutro teñen como protagonista ao castelo de Naraío.
O domingo ás 20:00h, o cinema cederalle o espazo da Casa da Cultura ao teatro, aínda que cunha obra onde será difícil establecer unha fronteira clara entre ambas artes. Irmáns da Costa e o finado Lino Braxe asinan o texto de Sesión continua, interpretada polos bucaneros Pedro Picos e Xose Bonome acompañados de Sabela Hermida. A obra, cargada de humor, é unha homenaxe á sétima arte que percorre títulos tan coñecidos como 2001, Unha odisea no espazo; O resplandor, Pulp Fiction, Febre do sábado noite, Instinto básico ou Psicose.
A representación de Bucanero poralle o ramo a unha intensa fin de semana de filmacións e outras actividades, pero non ao Chanfaina lab. De feito, ata o 30 de setembro pode visitarse no recibidor da Casa da Cultura a exposición fotográfica sobre as anteriores edicións do encontro audiovisual e, ademais, aínda falta por levarse a cabo un dos obradoiros formativos programados para este ano.
Será os días 9 e 16 de novembro de 10 a 13:00h, conducido polo realizador Juan Lesta, quen tratará en Despois da rodaxe, tesoira sobre as técnicas de montaxe posteriores á gravación. Este obradoiro, aberto a persoas con e sen experiencia, virá engadirse aos dous xa celebrados, un sobre interpretación conducido por Kevin Lorenzo e outro sobre planificación audiovisual dirixido por Domingo Díaz Docampo.
Quen queira participar no obradoiro de Lesta só ten que enviar un correo a cemit.sansadurnino@xunta.gal ou chamar aos teléfono 616 016 793.
O Chanfaina lab está organizado polo Concello de San Sadurniño con apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña. Toda a actualidade do encontro pode seguirse a través das súas redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?