Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispoñible na Rede o novo mapa cartográfico da provincia da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispoñible na Rede o novo mapa cartográfico da provincia da Coruña

S. P.
Publicado: 09/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mapa_coruna_subdelegada_goberno.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá a Casa do Mapa para presentar o novo mapa cartográfico oficial da provincia da Coruña, editado polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN) a escala 1:200.000 e que recolle as últimas novidades, principalmente en materia de infraestruturas e núcleos de poboación, axustándose así aos cambios no territorio.
A versión actualizada xa está dispoñible tanto en formato papel como para a súa descarga online.
A subdelegada foi recibida na Casa do Mapas polo responsable do Instituto Xeográfico Nacional en Galicia (entidade responsable da elaboración das series institucionais dos mapas provinciais e autonómicos), Pablo Carballo, e a xefa da área de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairós. Ambos explicaron a María Rivas que de xeito periódico prodúcese unha actualización do mapa oficial, que, á súa vez, serve de base para a elaboración doutros mapas, tanto especializados como de uso comercial.
A subdelegada afirmou que “a cartografía é un proceso dinámico que require de constantes renovacións”, e indicou así mesmo que, “estas actualización serven de soporte para un Sistema de Información Xeográfica (SIG) e pódense utilizar para todo tipo de aplicacións tecnolóxicas”. Amais, dixo, proporciona unha visión do territorio, esencialmente cartográfica, describindo o aspecto e os detalles da superficie xunto cos obxectos xeográficos que se atopan sobre ela, xa sexan naturais, xa sexan produto da actividade humana”.
Esta nova cartografía da provincia servirá como base xeográfica tanto para as consultas xeográficas e a análise directa como para a creación e implantación de servizos xeográficos, así como para a obtención e a actualización de produtos de datos xeográficos e cartográficos derivados.
A subdelegada tamén agradeceu a entrega de varios exemplares do novo mapa para que formen parte do fondos da Subdelegación do Goberno na Coruña.
Rivas indicou que o mapa actualizado da provincia da Coruña está dispoñible en papel na tenda da Casa do Mapa do Instituto Xeográfico Nacional na Coruña ao prezo de 6 euros, pero é descargable en formato PDF na web do Centro Nacional de Información Xeográfica, onde tamén poden consultarse mapas en formato imaxe, vectorial e datos topográficos do territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?