Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo aposta pola innovación e a investigación tecnolóxica no Campus Terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo aposta pola innovación e a investigación tecnolóxica no Campus Terra

S. P.
Publicado: 10/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

100924_sinatura_convenio_usc_deputacion_de_lugo.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes 10 de setembro no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, mediante o cal a institución provincial achega a esta entidade un total de 9.500€. Trátase dun acordo entre a Deputación, a USC, Caixa Rural Galega e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) para “promover actividades de investigación tecnolóxica, favorecer a difusión no medio económico e social e impulsar a súa dinamización a nivel interno entre a propia comunidade universitaria”.
José Tomé avanzou que “dende a Deputación de Lugo renovamos este acordo de colaboración demostrando así o firme compromiso que mantemos na nosa institución co desenvolvemento do eido da investigación, a innovación e o coñecemento científico”.
Pola súa banda, o Reitor da USC, Antonio López, cualificou de “fundamental” o apoio institucional recibido por parte da Deputación para “fortalecer o músculo investigador do Campus de Lugo”, clave no desenvolvememento do sector agroalimentario e forestal de Galicia. López lembrou que a dotación deste convenio serve para dinamizar a captación de recursos e proxectos, así como a difusión dos resultados das actividades de I+D+i que teñen como finalizade última “impactar na cidadanía e mellorar a súa calidade de vida”.
As iniciativas que se inclúen nesta colaboración e que se desenvolven a través do Campus de Lugo van dirixidas a dar a coñecer entre o profesorado da Universidade os proxectos e as convocatorias de I+D+i realizadas por distintos organismos e entidades a nivel autonómico, estatal e internacional. Nesta actuación inclúese tamén o apoio, mediante persoal técnico, na elaboración de propostas das distintas convocatorias. Así mesmo, tamén se introduce a captación de recursos e proxectos para diferentes áreas e a difusión dos resultados dos proxectos e actividades de I+D+i do Campus de Lugo nos medios de comunicación, o que favorecerá a transferencia de coñecemento ao conxunto da sociedade.
O orzamento total deste convenio ascende ata os 62.800€, dos cales Caixa Rural Galega achega un total de 50.000€, a Universidade 3.300€ e a institución provincial a contía restante (9.500€).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?