Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CETIM incorpora silicio ás baterías para avanzar en sustentabilidade e eficiencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CETIM incorpora silicio ás baterías para avanzar en sustentabilidade e eficiencia

S. P.
Publicado: 10/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cetim_-_laboratorio_de_materiales_para_almacenamiento_energetico.jpgAo abeiro da Unidade Mixta de Investigación VOLTA, o Centro Tecnolóxico CETIM, con sede en Culleredo (A Coruña), está a investigar, en colaboración con Ferroglobe Innovation, novos materiais para almacenamento enerxético que permitirán avanzar “cara á electromobilidade sostible”.
Este 9 de setembro, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Vehículo Eléctrico, o CETIM Technological Centre aproveitou para destacar “a importancia de investigar novos materiais para almacenamento enerxético”, xa que as configuracións químicas e os seus materiais son os principais axentes de cambio para acadar a mínima pegada ecolóxica.
“Dispoñer de baterías con máis potencia, máis duración e maior rapidez de carga é xa unha necesidade do presente”, afirma Rosalía Noguerol, responsable de Materiais Avanzados en CETIM e “para iso, debemos apostar pola non dependencia de materias primas críticas ou recursos fósiles e desenvolver materiais máis sustentables. Só así poderemos solucionar os problemas existentes no sector da mobilidade”.
A Unidade Mixta de Investigación VOLTA é un exemplo das investigacións do Centro Tecnolóxico de Culleredo no ámbito do vehículo eléctrico e conectado, na que colaboran con Ferroglobe Innovation desde 2022 para investigar “innovadoras baterías de ión litio con silicio e materiais carbonosos que achanden o camiño da eficiencia e do máximo respecto polo medio ambiente e os seus recursos”, explica a responsable da área de Materiais Avanzados en CETIM e do proxecto. Este conta cun investimento de 2 millóns de euros subvencionados pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN) e a través del CETIM está a conseguir revalorizar residuos agroforestais e industriais de proximidade e de alto impacto en Galicia para que, en combinación con silicio, melloren a sustentabilidade e as prestacións das baterías de ión litio.
unidad_mixta_de_investigacion_volta.jpg Alicia Bañón, investigadora da liña de Materiais para Almacenamento Enerxética de CETIM e do proxecto: “Nos ánodos preparados, realizáronse substitucións do 100% do grafito polos materiais carbonosos porosos obtidos”. Ademais, e co apoio da área de Industria Dixital do Centro Tecnolóxico, desenvolveron unha aplicación a través de tecnoloxías de cadea de bloques (blockchain) para coñecer a rastrexabilidade dos residuos e subproductos que serán utilizados nas baterías ión litio. “O coñecemento e recompilación destes datos facilitan a futura reciclaxe e reutilización ao final da súa vida útil, así como a realización de cálculos de emisións ou reducións de dióxido de carbono”, aclara Alicia Bañón e adianta que “a través do uso destes materiais, lograrase o desenvolvemento de baterías de menor peso; concretamente, reducirase o peso do ánodo en máis dun 50%, o que repercutirá positivamente na autonomía das baterías, no deseño dos automóbiles eléctricos, e na condución, que será moito máis eficiente”.
Rosalía Noguerol engade que “grazas aos traballos que estamos a desenvolver en VOLTA, xa podemos avanzar que melloraremos exponencialmente a sustentabilidade ambiental dos vehículos eléctricos, aumentando ademais a vida útil das baterías de ión-litio e utilizando materias primas de proximidade, contribuíndo así aos obxectivos do Pacto Verde Europeo e facilitando a transición ecolóxica de Galicia”.
VOLTA conta cun investimento de 2 millóns de euros subvencionados pola Axencia Galega de Innovación (Xunta de Galicia) no marco da convocatoria 2022 do Programa Unidades mixtas de investigación, co-financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)- Programa Operativo Feder Galicia 2021-2027.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?