Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición da Pont-Up Store vén con máis de 25 actividades e a presentación de 42 iniciativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición da Pont-Up Store vén con máis de 25 actividades e a presentación de 42 iniciativas

S. P.
Publicado: 11/09/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

popontup2-2.jpgOs días 20 e 21 de setembro, 42 novas iniciativas empresariais darán a coñecer os seus produtos e servizos na décimo primeira edición do encontro do emprendemento Pont-Up Store, que terá novamente como sede central a carpa que se instalará na praza de España de Pontevedra, onde se desenvolverán tamén boa parte das máis de 25 actividades que integran o seu programa.
Impulsada pola Universidade de Vigo e organizada pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, co Concello de Pontevedra como patrocinador principal e o apoio de Deputación e Xunta de Galicia, esta iniciativa converterá a cidade na “capital do emprendemento”, como sinalou a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, na presentación esta mañá do programa de actividades do evento.
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías; o vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez; o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández, e o director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, participaron xunto a Lantarón na presentación dun encontro que busca “concentrar” na cidade “todo o ecosistema emprendedor de Galicia”, como sinalou o seu responsable. Impulsado hai once anos polo grupo de investigación que Figueroa dirixiu na UVigo ata a súa xubilación, nesta edición a Aociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store “toma o relevo” deste grupo á fronte da organización, mais coa UVigo como entidade impulsora.
No capítulo de novidades, Lantarón puxo o foco no acto de entrega dos premios a teses de doutoramento e traballos de fin de grao e mestrado centrados en temáticas relacionadas co emprendemento, que a Universidade de Vigo convocaba por primeira vez neste 2024. Financiados con 20.000 euros procedentes da UE-Next Generation UE, trátase duns galardóns dirixidos a recoñecer traballos académicos que propoñan o desenvolvemento de novos produtos e servizos que teñan un potencial nicho de mercado ou que estean orientados a xerar un proxecto que poida contribuír á creación dunha iniciativa empresarial.
Estes galardóns entregaranse o venres 20, xornada na que tamén terá lugar o Demo-Day do programa INCUVI da UVigo. Nesta actividade, o alumnado seleccionado na última edición dos Premios INCUVI Emprende e das Axudas INCUVI Avanza e INCUVI Consolida dará a coñecer os proxectos que foron desenvolvendo nos últimos meses.
popontup1-2.jpg Seleccionadas de entre máis de 140 candidaturas, 42 novas iniciativas empresariais presentarán os seus produtos e servizos nas tres modalidades de participación do Pont-Up Store. Por unha banda, a carpa contará con 33 espazos para os emprendedores e emprendedoras, aos que se suman aqueles e aquelas que organizarán “actividades demostrativas” neste espazo. Outras seis iniciativas participarán noutra das novidades desta edición, o Pont-Up Venture, un evento centrado en proxectos de base tecnolóxica, no que as e os participantes defenderán as súas ideas de negocio ante un xurado integrado por profesionais “de entidades de financiamento de startups”, como explicou Figueroa.
Cun 74% de iniciativas empresariais lideradas por mulleres e unha importante presenza de iniciativas procedentes no rural galego, entre os seleccionados e seleccionadas destacan nesta edición os proxectos relacionados “co mundo da saúde, o ocio e o deporte”, sinalou o director deste espazo. A estas súmanse outras propostas centradas na alimentación, a moda ou a sustentabilidade, así como a presenza nun dos stands da asociación CES UVigo, que dará a coñecer o traballo realizado por unha vintena estudantes para desenvolver o barco solar co que este verán competían na Energy Boat Challenge.
Tanto a carpa do Pont-Up Store como a sede da Vicerreitoría acollerán ao longo destas dúas xornadas un conxunto de actividades complementarias, como sesións formativas sobre ciberseguridade, Intelixencia Artificial e novas tendencias de mercadotecnia. Da man da Xunta de Galicia, promoverase tamén unha mesa redonda sobre axudas a emprendedores e a presentación dun xogo que busca promover o emprendemento entre o alumnado de secundaria. O encontro servirá tamén como escenario para a posta en funcionamento de Feending, unha aplicación que permite ás empresas localizar e contactar con emprendementos afíns. Así mesmo, o programa acolle tamén as presentacións dos proxectos Voces Ocultas, no que persoas con diversidade funcional forman un equipo de creación escénico musical, e Hub Olympe Emprende, que trata de “potenciar o emprendemento colaborativo feminino”, apuntou Figueroa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?