Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre o prazo de Xuventude Crea nunha edición con máis categorías e visibilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre o prazo de Xuventude Crea nunha edición con máis categorías e visibilidade

S. P.
Publicado: 11/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_xuventudecrea2024.jpgA Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abriu, ata o 10 de outubro, o prazo para que os mozos e mozas interesados presenten a súa solicitude para participar na 15ª edición do certame Xuventude Crea. A convocatoria ofrece á mocidade, de entre 18 e 30 anos, a oportunidade de mostrar o seu talento artístico en moi diversas disciplinas funcionando como unha canle de divulgación (reforzada pola web de Xuventude Crea) e como un trampolín para dar a coñecer as súas propostas.
Este ano, a Consellería apostou por dar aos participantes na iniciativa “maiores visibilidade, promoción e oportunidades no sector”, incidindo na mellora da proxección do talento da mocidade e mantendo a finalidade de estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación.
Como novidade e grazas á colaboración con outros departamentos (Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ou a Axencia Galega das Industrias Culturais), este ano iniciativa ábrese á participación das persoas galegas residentes no exterior, que poderían viaxar á nosa comunidade no caso de chegar á final mediante a Estratexia Galicia Retorna. Ademais, grazas aos Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego os responsables das obras gañadoras terán a posibilidade de ser seleccionados para un programa de formación e mentoring para poñer en marcha o seu proxecto.
“Ao abeiro desta convocatoria os mozos e mozas creadoras verán incrementadas nesta edición as súas oportunidades de dar a coñecer as propostas premiadas en eventos de referencia no sector artístico internacional”, informou a Consellería, engadindo que o prazo de presentación de solicitudes, que se fará a través da sede electrónica da Xunta, iníciase este mércores 11 de setembro e rematará o 10 de outubro.
O Xuventude Crea 2024 contará con 16 categorías, dúas máis que o ano pasado. Así incorpórase a modalidade de DJ e Creación de Contido. Ademais, dentro da especialidade de teatro créanse dúas seccións con cadanseus recoñecementos. O apartado Amador está aberto a grupos de teatro xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos amadores ou escolas municipais, entre outros. Por outra banda, o apartado Pro está destinado a compañías de nova creación, profesionais emerxentes e grupos formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Cómpre sinalar que neste último, ademais do premio económico, o Centro Dramático Galego poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico.
O certame complétase coas disciplinas de artes plásticas, fotografía, moda, deseño de xoias, arte urbana, música, cociña, vídeo-creación, banda deseñada, novela curta, creación de videoxogos, poesía e danza.
Para dar a coñecer os traballos e os premiados organizaranse varias exposicións e eventos finais. Uns recoñecementos que se outorgarán oficialmente nunha gala prevista para mediados de decembro. Este ano, por cada categoría, ademais das vantaxes de promoción, os premios económicos serán de 2.000€ para o primeiro, 1.500 para o segundo e 1.000 para o terceiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?