Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e AMTEGA convocan o concurso Argallando.gal para unir cultura galega e tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e AMTEGA convocan o concurso Argallando.gal para unir cultura galega e tecnoloxía

S. P.
Publicado: 11/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpeig_fernando_suarez_onte_no_taller_no_gaias_tech_pixel.jpgO Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), veñen de anunciar a iniciativa Argallando.gal, inserida no programa de fomento de vocacións tecnolóxicas entre a rapazada Tech Kids e baixo o lema deste ano Argallando entre xeracións.
O obxectivo desta proposta é a colaboración interxeracional na resolución de diferentes retos tecnolóxicos coa celebración de 28 obradoiros nos meses de setembro e outubro polas diferentes aulas CeMIT de Galicia. Este martes 10 de setembro celebrábase un obradoiro no Centro Gaiás Tech cunha vintena de escolares de Compostela, ao que asistiu o presidente do CPEIG, Fernando Suárez.
Co concurso Argallando.gal quérese unir a cultura e a tradición galega coa tecnoloxía más actual, buscando estimular o interese dos máis novos nos eidos da historia e a cultura de Galicia, as tradicións, a súa mitoloxía e a simboloxía máis ancestral. Para facérmonos unha idea da temática: un hórreo con Wi-Fi, un modelo de IA con retranca, xoias celtas impresas en 3D, un poboado de castros smart-city, unha igrexa domotizada ou un peliqueiro holográfico.
Informar que os e as participantes no certame, mozos e mozas de entre 12 e 18 anos e persoas adultas sen límite de idade responsables legais dos equipos, terán que desenvolver proxectos creativos que fusionen a cultura máis ancestral coa tecnoloxía máis vangardista, achegando diferentes puntos de vista e coñecementos segundo as súas idades. A participación no certame deberá realizarse en equipo, dun mínimo de dous integrantes e un máximo de seis (incluíndo ao responsable).
Os proxectos poden incluír mapas interactivos, modelos divulgativos feitos con fabricación dixital, videoxogos culturais, folclore e electrónica musical ou calquera outra iniciativa de carácter tecnolóxico encamiñada a dar a coñecer e dixitalizar a tradición galega. No deseño e execución dos proxectos valorarase o seu carácter divulgativo, os recursos tecnolóxicos empregados, o coñecemento técnico requirido, a innovación e a creatividade da idea, así como o nivel de utilidade para a sociedade galega.
cpeig_web_argallando.jpgPara presentar a idea e amosar os seus prototipos, os equipos deseñarán presentacións en formato de vídeo curto (máximo 1 minuto) ou imaxes para publicar nas redes sociais, aspecto divulgativo que tamén será tido en conta polo xurado do certame.
Os proxectos poderán presentarse ata o 14 de outubro na web de Argallando. O xurado fará público o seu fallo unha semana despois do peche das inscricións.
Outorgaranse os seguintes premios: Xigante Argalleiro (ao proxecto que saliente polo seu enfoque, nivel de execución e creatividade); Nubeiro Tech (ao proxecto que empregue a tecnoloxía como eixo principal dun xeito interesante ou pola súa complexidade técnica); Árbore Senlleira (ao proxecto que resulte da colaboración interxeracional entre participantes de idades diferentes e diferentes xeracións: pais e fillos, avós e netos, irmáns, familiares, profesores e discentes…); Proxecto Serea (ao proxecto que polos seus contidos, presentación… logre transmitir dun xeito máis didáctico e atractivo algún elemento da cultura galega); E-Trasnada (ao proxecto que consiga sorprender por exceder o inimaxinable).
Dicir que os equipos gañadores do concurso nas diferentes categorías recibirán un diploma acreditativo e un agasallo. Os gañadores recibirán o seu recoñecemento nun acto público de entrega de premios o día 25 de outubro, ás 18h no Centro GaiásTech, onde poderán presentar os seus proxectos de maneira presencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?