Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae bríndanos en outubro todo o que precisamos saber sobre Microsoft Copilot
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae bríndanos en outubro todo o que precisamos saber sobre Microsoft Copilot

S. P.
Publicado: 11/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microsoft_365_vitae_3.jpgA consultora galega Vitae vai ofrecer o vindeiro mes unha nova edición (a segunda) do seu curso Dominando Microsoft Copilot para M365. Trátase dunha actividade formativa de nove horas de duración que nos desvela todos os segredos da nova solución de produtividade e colaboración baseada en Intelixencia Artificial para M365. Desenvolverase os días 14, 16 e 18 de outubro.
Nun plano máis específico, neste curso as persoas asistentes verán de maneira xeral as posibilidades de Copilot para M365 e outros produtos do ecosistema de Microsoft, con vistas a tomaren a decisión do seu emprego e da contratación ou non de Copilot en base ás necesidades específicas de cada asistente.
Veranse as diferentes posibilidades de licenzas de contratación de Copilot e os seus custos correspondentes, as potencialidades da solución en Outlook para crear borradores de correos electrónicos e resumir conversas, as funcionalidades de Copilot en Word (creación de primeiros borradores, agregación de contido a documentos existentes, resumos de texto para que sexan máis concisos, etc) ou as posibilidades que presenta na folla Excel (como analizar e explorar os datos de forma que poidamos tomar as mellores decisións, como identificar tendencias, propoñer escenarios hipotéticos e obter suxestións para mellorar o noso negocio).
microsoft_365_vitae_2.jpgAmais, botarase luz na marxe de actuación en PowerPoint, con vistas a converter documentos de Word existentes en presentacións e axudándonos a crear novas presentacións a partir de esquemas ou indicacións simples (atopando os mellores lugares para incluír imaxes de impacto).
Este curso está deseñado para ver dunha maneira xeral Microsoft Copilot IA, e así “poderemos ter unha idea acertada das posibilidades actuais desta ferramenta baseada en IA e a súa utilidade real”, informou Vitae.
Os obxectivos deste curso son acadarmos un coñecemento xeral en Copilot, mellorando a eficiencia no traballo coa suite Office en particular e o resto dos programas M365 en xeral; integrar Copilot para optimizar a administración de proxectos e promover colaboración entre equipos; desenvolver habilidades en Intelixencia Artificial para destacar traballando coas máis novas ferramentas tecnolóxicas; obter un coñecemento xeral de Copilot para axudarnos á hora de comezar a traballar con el e contratar ou non a licenza máis idónea para cada asistente; aprender a crear os nosos Copilots personalizados utilizando a ferramenta Copilot Studio.
microsoft_365_vitae-2.jpg O curso está dirixido a persoas usuarias de M365 ou administradores de M365, interesadas en mellorar os procesos e optimizar operacións dentro das súas organizacións.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Hugo Ramallo, especialista en Intelixencia Artificial e Transformación Dixital, ademais de experto na integración e capacitación en IA aplicada á educación e a contorna empresarial. No ámbito académico, conta con múltiples certificacións en IA e aprendizaxe automática de institucións como IBM, Stanford e Google. Dispón dun curso de experto universitario en Intelixencia Artificial e Big Data e un Mestrado en IA e Innovación.
Actualmente é CEO (director executivo) e co-fundador de GlobalCobots, unha empresa dedicada á formación e a integración de IA en centros educativos.
Ademais, é membro do departamento de educación en OdiseIA, un observatorio sobre o impacto social e ético da Intelixencia Artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?