Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As principais firmas e entidades do ecosistema galego emprendedor xuntaranse na Pont-Up Store
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As principais firmas e entidades do ecosistema galego emprendedor xuntaranse na Pont-Up Store

S. P.
Publicado: 12/09/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

pont_up_presentacion.jpgA organización da feira Pont-Up Store compartiu a programación da súa 11ª edición, que se celebrará en Pontevedra o venres 20 e o sábado 21 de setembro. No acto participou (entre outras/os) o director do evento, Pedro Figueiroa, quen salientou que “nesta edición as principais entidades e empresas do ecosistema emprendedor galego van celebrar dentro do encontro as súas actividades anuais, o que nos consolida como o espazo de referencia do emprendemento no Noroeste peninsular”.
Figueroa estivo acompañado da concelleira de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías Torreiro; o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Pablo Fernández López; o vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez Artime; e a vicerreitora do Campus de Pontevedra da UVigo, Eva Lantarón Caeiro.
Grandes eventos
O programa inclúe acontecementos de gran relevancia, como a xuntanza do conselleiro reitor da unión de cooperativas Espazo Coop; a celebración do Demo-Day do INCUVI-Emprende (UVigo) e a entrega dos premios a traballos fin de estudos e teses doutorais de emprendemento; a presentación do Xogo do Emprendemento desenvolvido pola Consellería de Traballo xunto coa cooperativa Buscalume (con stand na carpa) para promover o emprendemento entre o alumnado da ESO; unha mesa redonda para presentar as axudas das que poden beneficiarse os emprendementos, e unha xornada de networking onde as novas iniciativas empresariais poden presentar proxectos e buscar sinerxías. Ademais, a Deputación de Pontevedra presentará nun dos stands proxectos dos seus centros de emprendemento de Lalín e Barro.
Formación
Dentro das alianzas que encontro tece co ecosistema emprendedor atópanse tamén varias accións formativas. O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Instituto de Emprendemento Avanzado (IEAvanzado), desenvolverán en Pontevedra, no marco do convenio de colaboración entre a Asociación de Empresarios de Pontevedra (AEMPE) e a asociación Pont-Up Store, o programa INCIBE Emprende para fortalecer a ciberseguridade en cidadáns, pemes e profesionais, e impulsar emprendementos ciberseguros. Desenvolveranse dúas charlas formativas e un obradoiro dentro do encontro e unha cuarta acción no marco da feira EDUGAL o vindeiro 8 de outubro con xornadas intensivas de capacitación nas principais problemáticas que afectan a España en materia de ciberseguridade.
Tamén está programada unha sesión formativa ligada á área da mercadotecnia dixital que desenvolverá Pablo Medraño da empresa Koompany Talks e que porá o foco nas claves esenciais para articular unha estratexia en liña.
42 emprendementos
feira_pont_up_store_cartel.jpg Entre os 42 emprendementos que se poderán ver nos stands está o primeiro proxecto español para fabricar unha embarcación solar con hidrofoils. Tamén se presentan produtos de alta cosmética que aproveitan o potencial termal galego como Blue Silk Cosmetics e Amalgama Silvestre; propostas que tiran rendemento do noso monte transformando os cogomelos en produtos de alto valor engadido como Maremonte Setas, producindo mel e derivados como Terras de Boborás, ou aceite de oliva artesanal como Embruxo. Como consecuencia da aposta do formato Pont-Up Venture, aumentan os emprendementos de base tecnolóxica como a aplicación web Certy Chain que permite a sinatura dixital segura a través de blockchain. E en contraste coa tecnoloxía chaman a atención dúas novas empresas dedicadas a crear xogos de mesa como Buscalume e xogos de cartas sobre escalada e alpinismo como Muki Xogos. As iniciativas baseadas no rural e o liderado feminino volven ser protagonistas.
Ademais, na sección Pont-Up Venture seis empresas revolucionarias no seu sector tentarán conseguir financiamento coas súas ideas de negocio. Grazas ao apoio da concellaría de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, o encontro facilitará a algúns emprendementos destacados o contacto con oportunidades de financiamento. A plataforma Knowmad Tribe, que xestiona experiencias coliving en todo o mundo; o software Cuotalis, creado para simplificar e automatizar o proceso de reclamación de impagos de cotas nas comunidades de propietarios; os sistema Wildfire Sentinel, pioneiro en detectar incendios a través do olor; a foodtech Vanetta Food, que fabrica zorza vegana; a liña de calzado orgánico e reciclado de Beflamboyant, e a firma Sembra Biojoyas que crea pezas de bixutería orgánica en colaboración con etnias indíxenas do Amazonas son as seis innovadoras iniciativas seleccionadas pola organización para participar na Pont-Up Venture. Neste novo formato as persoas responsables destes emprendementos poderán presentar as súas ideas de negocio ante un xurado composto por Alba Pombo, analista de investimentos en Xesgalicia; Pablo Campos, CEO de Unitatea Capital; Jorge González, analista de novas oportunidades de investimento en Netaccede; e Jorge Leiro, xestor en Torsa Capital e no fondo Lugo Transforma.
O Tinder do emprendemento
pont_up_store_participar.jpg Ademais, a aplicación móbil Feending, coñecida como o Tinder do emprendemento, comezará a funcionar durante a feira. Esta aplicación, que permite ás empresas localizar e contactar con emprendementos afíns para iniciar relacións comerciais ou mesmo desenvolver unha joint venture, en función de criterios ou necesidades comúns, vai comezar a operar durante o encontro, conectando as 220 empresas da Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store máis as 42 novas iniciativas que participan nesta edición. A ferramenta foi posta en marcha por Feending baixo a supervisión da Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store en base aos datos do perfil de cada empresa, empregando as funcionalidades dos algoritmos da IA e o Big Data. Con esta información a aplicación envía a cada empresa rexistrada propostas para contactar con perfís que encaixen cos seus criterios, necesidades ou procuras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?