Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Miguel Corgos inaugura o II Congreso de Blockchain de Galicia ante 40 expertos-relatores e 800 asistentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Miguel Corgos inaugura o II Congreso de Blockchain de Galicia ante 40 expertos-relatores e 800 asistentes

S. P.
Publicado: 13/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blockgalicia_42a4681.jpgEste 13 de setembro inaugurouse na Coruña, en PALEXCO, a segunda edición do Congreso Internacional de Blockchain, que reunirá durante dous días (hoxe e mañá sábado) importantes especialistas en tecnoloxías de cadea de bloques (unha das tecnoloxías disruptivas de meirande proxección en materia de ciberseguridade), regulamento e lexislación, fintech e economía colaborativa, entre outros ámbitos.
Está previsto que interveñan case medio cento de directivos de empresas nacionais e internacionais abordando os desafíos e oportunidades do ámbito blockchain e dando a coñecer as súas principais novidades. Empresas como por exemplo BitBase, DEXTools ou Tron, entre outras.
Na inauguración participou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, quen dixo que Galicia “é pioneira na aprobación dunha lei específica para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial, que establece o marco xurídico que facilita o uso desta tecnoloxía na Administración pública de forma segura, fiable e centrada nas persoas”.
_42a4659.jpg Durante a inauguración do II Congreso Internacional de Blockchain de Galicia, Miguel Corgos agradeceu aos 800 asistentes e aos preto de 40 expertos das empresas máis importantes de blockchain en Europa e Latinoamérica “por reunirse en Galicia, e amosar todo o que esta tecnoloxía pode facer para mellorar as nosas vidas e as oportunidades laborais que abre”.
O conselleiro salientou que a tecnoloxía blockchain representa “un salto na seguridade e viabilidade de calquera transacción”, o que servirá para chegar a acordos entre un gran número de actores a través de Internet. “E isto será posible porque a cadea de bloques garante que os procesos sexan inalterables, inmutables e públicos”, dixo, incidindo en que esta maior seguridade facilitará as transaccións, a transparencia e as operacións con todo tipo de activos a través das telecomunicación, non só dixitais, senón tamén os físicos. Así mesmo, lembrou que o seu impacto nos diferentes sectores económicos estase acrecentando de maneira exponencial, facéndose máis evidente conforme se estende o seu uso.
Miguel Corgos concluíu convencido de que o éxito desta segunda convocatoria permitirá impulsar este simposio como o foro tecnolóxico do norte de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?