Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa e_Destrezas da UVigo comeza ano escolar con oito cursos de competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa e_Destrezas da UVigo comeza ano escolar con oito cursos de competencias dixitais

S. P.
Publicado: 16/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_cartel_e-destrezas_1c_2024_web_.jpgO programa e_Destrezas da UVigo para o desenvolvemento e a mellora de competencias dixitais da comunidade universitaria arranca unha nova edición que se vai desenvolver ao longo deste primeiro cuadrimestre do curso 2024-2025. Nesta ocasión ofértanse un total de oito cursos destinados tanto ao alumnado, como ao persoal docente e investigador e ao persoal de administración e servizos da Universidade organizados pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade coa colaboración do Consello Social.
Os cursos, que se impartirán a través do Campus Remoto, teñen unha duración de 30 horas, repartidas en seis sesións de catro horas presenciais máis seis horas de traballo non presencial e a matrícula xa está aberta a través do Campus Activo.
A primeira formación en arrancar será a que abordará os fundamentos de ofimática con Office, prestando espacial atención aos programas Word e PowerPoint. As clases comezarán o día 20 deste mes de setembro e terán lugar os venres ata o 25 de outubro de 16.00 a 20.00 horas. Xa o 30 deste mes comezará tamén o curso sobre o uso responsable da Intelixencia Artificial Xenerativa sobre ChatGPT, que se impartirá os luns de 16.00 a 20.00 horas ata o 4 de novembro.
No mes de outubro impartiranse catro cursos. Por unha banda Fundamentos de edición de vídeo e son dixital para a web desenvolverase os mércores do 23 de outubro ao 27 de novembro de 16.00h a 20.00 horas. Por outra, tamén se oferta o curso básico de modelado BIM (Building Information Modeling) con REVIT, que será os xoves no mesmo horario comezando o día 24 de outubro e rematando o 28 de novembro.
Entre os días 22 de outubro e 26 de novembro tamén se oferta unha formación de iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con WordPress, cuxa docencia será os martes tamén de 16.00h a 20.00 horas. Outra opción é o curso que se vai centrar na aplicación práctica dos conceptos de xestión de proxectos mediante Microsoft Project, que se impartirá os sábados pola mañá, de 10.00 horas a 14.00 horas entre o 19 de outubro e o 30 de novembro.
Finalmente no mes de novembro botarán a andar os dous últimos cursos do primeiro cuadrimestre. O primeiro será o de fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel, os venres entre o 8 de novembro e o 20 de decembro de 16.00h a 20.00 horas. Pechará o programa o curso de introdución práctica á impresión 3D, os luns de 16.00h a 20.00 horas entre o 11 de novembro e o 16 de decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?