Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Formoso aposta por investir máis en ciencia e coñecemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Formoso aposta por investir máis en ciencia e coñecemento

S. P.
Publicado: 17/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

formoso_retos_economicos_de_galicia.jpgO presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi un dos participantes no foro Los Retos Económicos de Galicia, organizado por El País en Santiago de Compostela na mañá deste martes 17 de setembro, un evento no que se debateu sobre o estado de presente e futuro da economía galega. Neste contexto, González apostou por incrementar o investimento en ciencia, o impulso das enerxías renovables e a industria e a potenciación do rural. Estes, dixo, son os grandes retos de futuro na comunidade autónoma.
Durante a súa intervención, Formoso recoñeceu que Galicia atópase “nun bo momento”, xa que conta “indicadores positivos que amosan fortalezas como o PIB ou a creación de emprego”, sobre todo en eidos como os sectores naval, conserveiro, téxtil, da automoción, das tecnoloxías ou das enerxías. Porén, comentou, malia estas enormes “potencialidades”, Galicia ten ante si uns “retos” aos que é fundamental responder a partir dunha exhaustiva reflexión.
Como o primeiro deses retos, o presidente da Deputación citou ao ámbito do coñecemento avanzado e a ciencia. “É preciso igualar o investimento en I+D como mínimo á media estatal para, así, conseguir o obxectivo de destinar o 2% do PIB nesta disciplina, que é a tendencia na UE”, explicou Formoso, para quen “Galicia necesita potenciar todos os seus sectores a partir desa aposta polo coñecemento, xa que é a base transversal máis necesaria para poder competir nun mundo máis globalizado e innovador”.
González Formoso destacou a transcendental “concienciación da importancia da industria e a enerxía” e recalcou que “é moi difícil ver futuro nun país que aposta só polo turismo e que destina toda a súa forza ao Camiño de Santiago; todo é necesario e relevante, pero a UE marca o camiño do progreso e está baseado na industria e a enerxía”.
Formoso tamén alertou da “perda demográfica”, un reto que “xa está socializado” pero contra o que se debe combater “permitindo que os proxectos se instalen no territorio a partires de incentivos fiscais e cláusulas demográficas”. Ao seu xuízo, “é importante que as empresas poidan prestar desde o rural servizos a toda a comunidade, sen necesidade de estar nos grandes polígonos metropolitanos e tamén establecer beneficios que permitan incentivar o interese das firmas por implantarse no rural”.
Deste xeito, o presidente provincial recoñeceu que Galicia se atopa “nun momento de aposta por parte das administracións, os medios e a sociedade para conseguir que o talento non marche. Non é fácil de reter se non somos capaces de crear marcos de futuro nos que a industria e a tecnoloxía poidan progresar”, matizou Formoso, que recoñeceu o importante “labor dos medios de comunicación para trasladar estas mensaxes á poboación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?