Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone habilitará armarios intelixentes na Praza de Abastos de Vilagarcía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone habilitará armarios intelixentes na Praza de Abastos de Vilagarcía

S. P.
Publicado: 17/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

praza_de_abastos_vilagarcia.jpgA Praza de Abastos de Vilagarcía estreará antes de que finalice o ano o novo servizo de armarios individuais (taquillas) intelixentes refrixeradas destinadas a facilitar as compras á clientela do mercado público municipal. O Goberno local vén de adxudicar o subministro e instalación dos equipos á empresa Vofadone España SAU por importe de 46.101,12 euros (IVE incluído).
Ademais de rebaixar o prezo de licitación en 14.398,88 euros, a oferta inclúe como melloras o incremento de 3 anos adicionais aos períodos de garantía e de soporte. A adxudicataria dispón do prazo de 2 meses para adxudicar a obra.
Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Promoción Económica para continuar modernizando e mellorando a Praza de Abastos. A acción finánciase con fondos Next Generation concedidos ao programa Vilagarcía Viva no marco do Plan Estatal de Recuperación, Transformación e Resiliencia e dentro da liña de proxectos de mellora, revitalización e resiliencia de mercados tradicionais e zonas comerciais urbanas.
O novo equipamento ten como finalidade mellorar a experiencia de compra do cliente e evitar desprazamentos innecesarios co obxectivo de reducir as emisións de CO2, seguindo as políticas europeas que buscan a sustentabilidade e promoven a economía circular.
O equipamento estará fabricado integramente en aceiro e formado por 15 armarios individuais, 10 das cales contarán con sistema de refrixeración (graduable de 2 a 8 grados centígrados) e 5 serán neutras, a temperatura ambiente.
Todos os compartimentos contarán con pantalla táctil, lector QR e teclado para introducir códigos de forma manual.
O contrato inclúe o subministro, instalación, hardware, software, posta en marcha e soporte do sistema modular.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?