Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A caixa de correos virtual do Teatro Fraga recibiu xa 200 propostas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A caixa de correos virtual do Teatro Fraga recibiu xa 200 propostas

S. P.
Publicado: 18/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teatro_fraga_propostas.jpgA Xunta e a Deputación de Pontevedra fixeron un primeiro balance da campaña aberta para enriquecer, coa axuda da cidadanía, o plan de usos do Teatro Fraga, de Vigo, unha campaña na que se implicaron máis dun cento de entidades e participantes. No balance participaron o conselleiro de Cultura, José López Campos, e o presidente da institución provincial, Luis López, que salientaron a boa acollida da iniciativa e as “valiosas achegas” recibidas. A campaña tivo o seu principal apoio nunha caixa de correos virtual que recibiu preto de 200 contribucións.
López Campos valorou este tipo de contactos para “coñecer de primeira man” ideas e proxectos nos que, dixo, evidénciase “unha fonda carga afectiva” por este edificio emblemático, pechado desde 2011, e que está considerado unha xoia da arquitectura civil. Ademais, subliñou a constatación, durante a celebración deste encontro, de que existe un “convencemento común do tremendo potencial para toda Galicia” do Teatro Fraga, que forma parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia e que ofrece máis de 7.000 metros cadrados de uso cultural no pleno centro de Vigo.
Pola súa banda, o presidente da Deputación agradeceu a resposta á convocatoria e defendeu que o Fraga “conta con moi bos valedores”, os que se encargarán de “definir a nova vida do Fraga e ides garantir que medre como un centro cultural referente para Vigo, a provincia, Galicia e todo o noroeste de España”.
Como dixemos, esta campaña conta tamén cunha caixa do correo virtual que, segundo salientou o conselleiro, está a ter unha “grande acollida, como así o reflicten as preto de 200 achegas rexistradas desde que se abriu o pasado 23 de agosto”. Así, permanecerá en funcionamento ata finais de setembro, polo que poderán seguir enviando as súas propostas ao enderezo propostas@teatrofraga.gal tanto entidades como particulares.
Ademais, esta apertura á sociedade da recuperación do Teatro Fraga tamén inclúe a programación de varias xuntanzas abertas á cidadanía. Así, tras o primeiro encontro deste martes, continuarase con máis reunións nos vindeiros meses con diversos axentes culturais, sociais e económicos da cidade.
Finalmente, o conselleiro de Cultura valorou a compra —por máis de 9,3 M€— da Xunta e da Deputación de Pontevedra deste edificio, e incidiu en que a súa recuperación vai supoñer “un fito cultural e social de primeira magnitude non só para esta cidade, senón para toda Galicia, xa que se vai reabrir para o seu uso público un edificio cun enorme simbolismo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?