Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UDC súmase á G-Night, a Noite Galega das Persas Investigadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UDC súmase á G-Night, a Noite Galega das Persas Investigadoras

S. P.
Publicado: 18/09/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

udg_gnight_2.jpgA Universidade da Coruña súmase un ano máis á organización da G-Night, prevista para o último venres de setembro con motivo da Noite Europea das Persoas Investigadoras e que se celebra ao mesmo tempo en preto de 400 cidades europeas.
A Unidade de Divulgación Científica da UDC é a encargada de organizar, en colaboración co Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC), o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC), a ampla programación de actividades que terán lugar no Campus da Coruña, no Campus Industrial de Ferrol e en diversas localizacións destas dúas cidades.
As actividades terán horario de mañá e estarán dirixidas a maioría para escolares das distintas etapas educativas, pero tamén para o público en xeral, e tamén de tarde, para todos os públicos. De feito, a grande oferta de actividades está concentrada a partir das 18:00 horas.

Contidos
  • En Ferrol
  • Na Coruña

En Ferrol

As actividades que conforman a G-Night na cidade de Ferrol serán presenciais e están organizadas principalmente a través do CITENI da UDC. O horario será de 10:00 a 14:00 horas para o público escolar, e de 17:00 a 20:00 horas para o público familiar. Ofreceranse 9 obradoiros: Navegando por un mar en miniatura: modelos de barcos a escala na canle de ensaios; Un percorrido polos túneles de vento, que se realizará no Laboratorio de Fluídos; Polímeros sostibles para a impresión 3D. É un desperdicio? Non, é un polímero 3D, no Laboratorio de Plásticos; A luz que cambia a materia, a cargo do grupo do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL); Este sólido está moi líquido?, impartido por persoal do Grupo de Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM); Un circuíto de carreiras virtual: ensaiando motores de coches sen saír do laboratorio, que terá lugar no Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM); Foise con vento: experimentos sinxelos para entender como mellorar a aerodinámica de obxectos; Visualizando a radiación nuclear e a supercondutividade, a cargo dun grupo de investigadores do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA); e Obradoiro matemáticas, a cargo dun grupo de investigadores do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA).
Tamén en Ferrol, a Asociación de Veciños de Canido ofrecerá obradoiros pola tarde para todos os públicos relacionados coa economía do día a día e a mercadotecnia (marketing).

Na Coruña

udc_gnight.jpgNa cidade da Coruña, as actividades terán diferentes localizacións: na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, situada en Riazor, en horario de 10:00 a 13:00 horas, mostraráselles a escolares o funcionamento dun buque a través dun simulador; na Domus, ás 12.00 horas, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) ofrecerá obradoiros para grupos de escolares; no Campus de Elviña terán lugar diversas actividades (visitas guiadas ao CITEEC e visitas guiadas ao CITIC, para escolares, de 11:00 ás 13:30 horas e cun total de 50 prazas, para coñecer exemplos de proxectos de Intelixencia Artificial, Realidade Virtual e Aumentada e robótica) e no MUNCYT (haberá, en horario de tarde, tres obradoiros: de Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e condición física; de electricidade e movemento; e de novas tecnoloxías creativas e participativas, dirixidos estes últimos á rapazada de entre 8 e 12 anos, no que aprenderán conceptos básicos de electrónica e a súa utilidade na súa vida cotiá). No MUNCYT amén haberá unha sesión de varias charlas breves a partir das 18:00 horas dirixidas ao público adulto e con temáticas de actualidade, como o recoñecemento facial automático, identidade e control; as relacións entre lingüística e IA; os dereitos e deberes democráticos da cidadanía dixital; un proxecto de arte e ciencia; sobre ou como conseguir placas solares sostibles.
A partir das 18:00, no Paseo do Parrote, ofreceranse obradoiros dirixidos ao público familiar sobre como a investigación en Química e Bioloxía nos achega a conseguir un planeta máis sustentable e saudable para tódalas especies; coñecer problemáticas de contaminación ambiental; aprender sobre as propiedades das nosas algas, o solo que nos sustenta ou a paleoclimatoloxía; observar no microscopio fitoplancton e zooplancton; dar a coñecer a importancia dos exercicios terapéuticos en dor menstrual; experimentar co uso da Realidade Virtual na realización de tarefas da vida diaria e realizar pequenos experimentos da enxeñaría civil.
Ao mesmo tempo, no Bar La Olímpica e no Árnica Bar, a partir das 19:00 horas e dirixidas ao público adulto, haberá unha serie de charlas divulgativas de temáticas moi diversas, sobre as diferencias dos bioplásticos e os plásticos biodegradables; a procura particular de estilos de vida sustentables; as situacións das persoas desprazadas no mundo por conflito, persecución, desastres naturais; como a simulación de efectos visuais do cine mellora a visualización 3D avanzada en medicina; a redefinición como especie e individuos; os desafíos actuais da ética da Intelixencia Artificial; os síntomas depresivos e a súa relación con uso das redes sociais; a relación entre o noso estilo de vida o noso impacto ambiental.
Tamén ás 19:00 horas, en Casa Hamlet e para o público adulto, representarase a peza teatral en vivo del Palynurus (1445) de Mafeo Vegio, que ofrece unha reflexión sobre a existencia e onde reside a verdadeira felicidade.
A participación en todas estas actividades é gratuíta e presencial. Toda a información detallada das actividades está na páxina web da edición galega da GNight, no código QR presente nos carteis do evento e nas redes sociais.
Para a organización da G-Night, a UDC contou co apoio da Autoridade Portuaria da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses, o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), e a empresa Coca-Cola Europacific Partners; ademais de persoal investigador que tamén pertence ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM) o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e o Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?