Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo volve ser un referente das tecnoloxías aéreas co XVI Criterium Aeronáutico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo volve ser un referente das tecnoloxías aéreas co XVI Criterium Aeronáutico

S. P.
Publicado: 18/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

180924_presentacion_do_criterium_aeronautico.jpgA 16ª edición do Criterium Aeronáutico foi presentada este 18 de setembro en Lugo polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, que informou que o evento celebrarase na última fin de semana de setembro do 27 ao 29 de setembro no Aeródromo de Rozas, coincidindo coa celebración da XXXVIII edición da Volta Aérea Galaico-Duriense. Na cita celebrada na sede da Deputación de Lugo participaron tamén o presidente do Real Aeroclub de Lugo, Francisco Abelleira Álvarez e o concelleiro de Xuventude e Deportes de Lugo, Jorge Bustos Atanasio, entre outras autoridades.
Na súa intervención, Rivera Capón destacou que a institución provincial colabora con este evento cunha achega de 10.000€ e recalcou que “somos a administración pública que destina unha maior contía económica, financiando preto do 50% desta cita”.
cartaz_cartel_20240911_criterium-aeronautico_02-600x838.jpg O deputado salientou tamén que “o Aeródromo de Rozas recibirá a numerosos deportistas, turistas e veciños e veciñas da provincia que poderán achegarse ao mundo aeronáutico a través de numerosas actividades”.
A programación inclúe saltos en paracaídas, voos de introdución, exposición de medios aéreos e proxectos aeonáuticos do ciclo de Aeromecánica do CIFP As Mercedes, mostras de vehículos aéreos non tripulados (drons) e de todo tipo de aeronaves ou exhibicións de pilotos profesionais, así como outras actividades.
O deputado sinalou que “a celebración do Criterium Aeronáutico aquí en Lugo é un exemplo de como a nosa provincia aposta polo futuro, polas novas tecnoloxías e pola divulgación científica. Non é só un espectáculo para os amantes da aviación, senón que tamén é unha oportunidade única para que a xente de todas as idades, especialmente os máis novos, poidan achegarse a este mundo, descubrir novas vocacións e soñar con novos horizontes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?