Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC reúnese con emprendedores do programa Node Hub para apoiar proxectos tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC reúnese con emprendedores do programa Node Hub para apoiar proxectos tecnolóxicos

S. P.
Publicado: 18/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_nodehub_cit03251-1024x683.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollía onte, martes 17 de setembro, a un grupo de emprendedores nunha xuntanza organizada pola Rede de Centros e Unidades I+D+i da UDC (REDCIDI). A reunión, dirixida por Javier Garrido (responsable de Transferencia do CITIC) ten como finalidade afondar no xeito no que o CITIC pode colaborar con estes emprendedores no desenvolvemento dos seus proxectos tecnolóxicos e empresariais.
Nesta xornada, os emprendedores realizaron unha visita ás instalacións do CITIC, para coñecer a infraestrutura tecnolóxica e os recursos dispoñibles que poden impulsar o crecemento das súas ideas de negocio.
citic_nodehub_.jpgA este encontro asistiron tamén Lorena Alonso Alconada e Diego Cabaleiro Martínez, en representación da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), e Emilio Corral, membro da REDCIDI, quen subliñou a importancia da cooperación entre institucións e emprendedores para fomentar a innovación e o desenvolvemento económico.
Entre os proxectos presentados polos emprendedores, salientan iniciativas innovadoras en eidos diversos como a educación, a saúde, IA ou a atención a persoas maiores. Unha plataforma de formación de inglés encamiñada a profesionais, un proxecto de contos máxicos interactivos, un sistema de aprovisionamento de mercadoría para buques, o deseño dunha aplicación móbil para abordar a deterioración cognitiva a través da etnobotánica ou unha plataforma para crear camisetas interactivas son algunhas das iniciativas presentadas.
citic_nodehub_cit03243-scaled.jpgEstes proxectos forman parte do programa NodeHub da aceleradora Startups.st, que busca impulsar ideas empresariais cun alto compoñente tecnolóxico e dixital. O CITIC, como referente en investigación e desenvolvemento no ámbito TIC, posiciónase como un socio estratéxico para estes emprendedores, ofrecéndolles a súa experiencia en investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
Por último, sinalar que esta xuntanza significa un paso importante para fortalecer o ecosistema emprendedor e potenciar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre o ámbito académico e o empresarial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?