Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae mergúllanos este outono nas posibilidades de Microsoft Fabric para a análise de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae mergúllanos este outono nas posibilidades de Microsoft Fabric para a análise de datos

S. P.
Publicado: 18/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

microsoft_fabric_1_vitae.jpgEste outono a consultora galega Vitae vai ofrecer un curso que pon novamente o foco nas ferramentas de Microsoft, desta volta centrándose nas posibilidades de Fabric, unha solución que, en palabras da consultora tecnolóxica, “pode satisfacer as necesidades de análises da nosa organización nunha soa plataforma, reducindo a complexidade de despregamento e a planificación dos custes da nosa empresa”.
O curso Microsoft Fabric, de 24 horas de duración (a través da aula virtual de Vitae), celebrarase os días 21, 23, 28 e 30 de outubro e os días 4, 6, 11 e 13 de novembro.
Grazas aos contidos e á formación incluída, obteremos información sobre Microsoft Fabric, sobre como funciona e sobre como identificar como e cando utilizalo para as nosas necesidades de analítica de datos.
microsoft_fabric_vitae2.jpg Vitae explica que “Microsoft Fabric é unha plataforma de análise extremo a extremo que proporciona unha contorna única e integrada para que os profesionais de datos e os usuarios da organización colaboren en proxectos de datos”. Ademais, proporciona un conxunto de servizos integrados que permiten almacenar, procesar e analizar datos a través dunha interface única e sinxela. “Con Microsoft Fabric dispoñeremos de ferramentas para profesionais de datos e analistas de negocio, e intégrase coas ferramentas que a empresa necesita para tomar decisións, incluíndo servizos e ferramentas para operacións como data integration, data warehousing, real-stafe intelligence e business intelligence.
O curso está dirixido a profesionais de datos (analistas enxeñeiros e científicos de datos que buscan unha plataforma integrada para xestionar e analizar datos); e tamén para analistas de negocios (profesionais que necesitan ferramentas avanzadas para a toma de decisións baseadas en datos), desenvolvedores interesados en utilizar Microsoft Fabric para crear solucións de datos robustas e flexibles e consultores TI que desexen ampliar o seu coñecemento en plataformas de análises de datos e ofrecer solucións integradas aos seus clientes.
microsoft_fabric_3_vitae.jpgA persoa encargada de impartir estes contidos será Antonio Soto Rodríguez, enxeñeiro en Informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e profesional con máis de dúas décadas de experiencia como consultor técnico experto e certificado, achegando formación na Universidade Microsoft e a empresas e organismos como a NASA, NASDAQ, PEMEX, SERGAS, Citroen, CEAGA, Inditex, Ferroplast, Banco Popular, ABANCA, Xunta de Galicia ou Abertis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?