Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A xestión educativa galega porase en mans da Intelixencia Artificial máis ética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A xestión educativa galega porase en mans da Intelixencia Artificial máis ética

S. P.
Publicado: 19/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

etica_intelixencia-artificial-1.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, constituía na mañá deste xoves 19 de setembro, o grupo de traballo encargado de debater, analizar e poñer en práctica as pautas da incorporación da Intelixencia Artificial (IA) desde unha perspectiva ética na xestión educativa galega.
O Goberno galego reuniu a un grupo de expertos conformado por asesores de distintas áreas da Consellería de Educación: do Centro de Innovación Educativa e Dixital, do Centro Autonómico de Formación, dos servizos de Inclusión, Orientación e Convivencia, de Inspección Educativa e da área de programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Asemade, tamén participarán expertos do Nodo GalicIA, do departamento de Innovación Dixital e Intelixencia Artificial e da área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galician (AMTEGA) e investigadores docentes universitarios.
Segundo Román Rodríguez aplicar os beneficios da IA á xestión educativa traduciríanse nunha “mellora do seu funcionamento e os seus resultados”. Para iso “é clave contar cunhas directrices claras desde o punto de vista ético, que nos guíen con garantía de xeito responsable e respectuoso con todos os implicados no proceso”.
Exemplos de accións que traerá a achega de IA na xestión educativa galega son: o deseño de exercicios e contidos con distintos niveis de dificultade segundo cada estudante, a elaboración de formatos accesibles para alumnado con discapacidades concretas (visual, física…) e a posibilidade de ofrecer explicacións claras e sinxelas de conceptos complexos, a detección temperá de problemas de aprendizaxe ou a automatización de tarefas burocráticas son algunhas das aplicacións prácticas da IA no sistema educativo. Alén disto, están a desenvolverse experiencias reais de formación en FP con Intelixencia Artificial, e nos vindeiros días presentarase a primeira experiencia.
Seguindo esta liña está o proxecto EdugalIA, a iniciativa pioneira da Xunta de Galician para incorporar a Intelixencia Artificial na xestión educativa centrada en tres ámbitos prioritarios vencellados coa mellora da equidade e calidade do sistema: a gobernanza, a creación do expediente dixital do alumnado e o desenvolvemento dun espazo común entre familias, centros e Xunta.
O proxecto EdugalIA opta ao financiamento estatal de Compra Pública Innovadora, cuxa resolución se prevé para este outono. Co fin de recoller solucións de empresas tecnolóxicas para facer realidade este proxecto, a Xunta abriu hai un ano unha consulta preliminar ao mercado que recibiu 40 solicitudes innovadores diferentes procedentes de sete comunidades autónomas. A meirande parte das propostas (o 41,2%) proceden de empresas galegas, seguidas das chegadas desde Madrid (29,4%), Andalucía (8,8%), Cataluña (8,8%), Asturias (5,9%), A Rioxa (2,9%) e Valencia (2,9%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?