Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galvintec debulla as posibilidades de Moodular no Ecommerceday celebrado en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galvintec debulla as posibilidades de Moodular no Ecommerceday celebrado en Pontevedra

S. P.
Publicado: 19/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galvintec_moodular_ecommerce_day.jpgGalvintec, firma TIC do Grupo Alvariño, presentou a súa plataforma 4.0 para a xestión integral do comercio online no marco do evento Ecommerceday, que se celebrou este xoves 19 de setembro en Pontevedra. Trátase de Moodular, unha solución dixital de 360 graos que integra a xestión de todos os procesos que implica a venda en liña, desde o manexo de inventarios, á sincronización cos principais marketplaces pasando pola optimización da loxística. Segundo explicou Galvintec, “a mellora de todas as áreas de xestión que consegue Moodular é clave para optimizar a conversión en vendas na canle dixital”.
Así o explicou Moisés Mateo, director de Operacións (COO) de Galvintec, firma TIC galega do Grupo Alvariño, no marco do evento Ecommerceday, organizado pola Agrupación Industrial do E-Commerce Galego e Marketing4eCommerce, que reuniu este xoves 19 en Pontevedra ás principais empresas e expertos do sector a nivel nacional.
Nunha mesa redonda na que se analizaron as ferramentas para a conversión cara ao ecommerce, Mateo presentou Moodular, a plataforma 4.0 desenvolvida por Galvintec-Grupo Alvariño que permite xestionar de maneira integral todos estes procesos, “proporcionando unha solución única e sinxela a todas estas necesidades das pemes no seu salto ao mercado online”, sinalou, engadindo que “Moodular é unha plataforma baseada na nube que inclúe solucións ecommerce nativas, módulos específicos para a sincronización cos puntos de venda en liña e unha solución de Software de Xestión de Almacéns (SGA) de última xeración para a optimización da loxística”. Segundo dixo, “ao proporcionar solucións de ecommerce nativas e nunha soa plataforma, con Moodular as pequenas e medianas empresas poden evitar a necesidade de adquirir e configurar solucións de terceiros, aforrando tempo e reducindo o custe da xestión da súa canle dixital, e permitindo ademais personalizar estas solucións á medida da empresa”.
Con Moodular, sinalou, “desde unha única plataforma as empresas poden comercializar en múltiples canles (web propia ou marketplaces), chegando a un público máis amplo e aumentando así a visibilidade dos seus produtos e as súas posibilidades de venda”.
Desde esta ferramenta, apuntou, “tamén poden acceder a toda a información en tempo real, como o estado dos pedidos, as métricas de vendas e a xestión do inventario, todo iso coa máxima facilidade de uso, cuestións que axilizan a aprendizaxe do seu manexo por parte do equipo e fai que o proceso de vendas incremente a súa eficiencia”.
Mateo explicou tamén que “as empresas que venden en liña a través de varias canles, como o seu propio sitio web, Amazon, eBay, entre outros, enfróntanse a unha serie de desafíos que deben ser xestionados de maneira eficiente para garantir o éxito do seu negocio”. Segundo detallou, o primeiro destes retos pasa “pola boa xestión do inventario”, que debe controlarse de maneira eficiente para asegurarse de que os produtos estean dispoñibles para a súa venda e evitar quedarse sen existencias. Así mesmo, sinalou, “a venda online require manter un inventario actualizado en todas as canles de venda e ter unha visión global do mesmo”.
O segundo punto clave é “a sincronización cos marketplaces”. Comentou que neste eido de acción, as empresas deben sincronizar o seu inventario, prezos e descricións de produtos cos espazos de venda para asegurarse de que a información sexa coherente e actualizada. Ademais, deben xestionar os pedidos e pagos en tempo real para evitar erros e atrasos que demoren ou poidan frustrar a venda.
E o terceiro eixo para o bo funcionamento da canle online é “a optimización da loxística”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?