Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugurada en Lugo a feira de talento xuvenil Emprega-T Fest
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugurada en Lugo a feira de talento xuvenil Emprega-T Fest

S. P.
Publicado: 19/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_190924_inauguracion_empregafest.jpgEste xoves 19 de setembro inaugurouse na Praza Horta do Seminario de Lugo o Emprega-T Fest, un evento que ao longo de toda a xornada servirá de punto de encontro entre empresas da provincia e persoas demandantes de emprego. A feira, que conta co apoio da Deputación, está organizada polo Concello de Lugo, o Campus de Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación de Empresarios de O Ceao As Gándaras.
Na inauguración participaron a alcaldesa Paula Alvarellos, o responsable de Promoción Económica da Deputación, Pablo Rivera, e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta, Pablo Fernández.
Pablo Rivera Capón subliñou a importancia de ofrecer espazos deste tipo “para facilitar o contacto directo entre empresas e demandantes de emprego, fomentando a creación de novas oportunidades laborais” e engadiu que “somos as xeracións mellor formadas, pero o talento necesita oportunidades para brillar, neste senso o Emprega-T Fest é unha plataforma que non só dá visibilidade ás capacidades da nosa xuventude, senón que tamén favorece a conexión con oportunidades reais no mercado laboral”.
A institución provincial ofrecerá cobertura ao evento a través do Servizo de Audiovisuais, gravando as mesas redondas e obradoiros formativos que se desenvolven ao longo da xornada para logo ofrecelos a través das redes sociais, ademais de realizar entrevistas con asistentes e representantes das empresas participantes.
A xornada contará con stands de empresas, entrevistas de traballo en formato speeddating, mesas redondas e obradoiros formativos que darán a coñecer as inquedanzas e tendencias no mercado laboral. Haberá tamén unha zona gastro, de lecer e con música para desfrute dos asistentes.
Segundo explicou o Concello de Lugo, as persoas asistentes ao Emprega-T Fest poderán participar en actividades que faciliten a súa incorporación ao mundo laboral, interactuando con recrutadores de empresas de distintos sectores, asistindo a conferencias e mesas redondas, potenciando as súas competencias e habilidades comunicativas a través dos obradoiros e presentando o seu talento nas entrevistas rápidas coas empresas”.
As charlas e mesas redondas estarán impartidas por expertos de diferentes sectores. Nestes encontros informativos e de debate abordaranse temas como as tendencias do mercado laboral, as habilidades máis demandadas polas empresas, consellos para mellorar a empregabilidade e moito máis. .
Ademais, a través dos obradoiros ofrecerase aos participantes ferramentas útiles e aplicables na procura de emprego. “Haberá actividades destinadas a mellorar o currículo, preparar entrevistas ou desenvolver habilidades de networking”, avanzou o Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?