Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Talentos Inclusivos dá o salto a Europa a través do programa Erasmus+
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Talentos Inclusivos dá o salto a Europa a través do programa Erasmus+

S. P.
Publicado: 20/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_talentos_inclusivos__002_.jpgA versión internacional do proxecto Talentos Inclusivos, o proxecto EDIGIT: Education and Dixital Literacy to Grow Inclusive Talents, liderado polo Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), será financiada con 400.000 euros a través do programa Erasmus+ na convocatoria de 2024. Esta iniciativa foi escollida entre as 34 seleccionadas da Acción Clave 2 – Cooperación entre organizacións e institucións, dentro da categoría Asociacións de cooperación en Educación Escolar (KA220-SCH) dun total de 205 solicitudes presentadas.
O obxectivo xeneral de EDIGIT é “abordar a falta de inclusión das persoas con discapacidade na transición dixital a través da promoción de enfoques e prácticas inclusivas no ensino STEM, aumentando a concienciación dos estudantes sobre a discapacidade”, sinalou o CITIC, engadindo que para o dito cometido a base do proxecto “céntrase en dotar aos docentes das competencias necesarias para desenvolver iniciativas centradas na inclusión no ensino das STEM”.
O proxecto está formado, xunto co CITIC da UDC, por outras 6 institucións de 5 países diferentes: Academia José Moreira da Silva, Cooperativa de Estudos de Economía Social (Portugal); Kezenfogva Osszefogas A Foyatekosokert Alapitvany (Hungría); Gymnázium Jiřího Gutha-Jarkovského (República Checa); ASPACE Coruña (España); Polo Europeo della Conoscenza – IC Bosco Chiesanuova (Italia) e On Projects Advising SL (España).
Tal e como apunta o subdirector do CITIC Javier Pereira, que lidera o proxecto: “É un recoñecemento e posta en valor do traballo desenvolvido desde hai xa cinco anos da man de ASPACE Coruña co proxecto Talentos Inclusivos. Desde os seus inicios, en plena pandemia, contamos co financiamento da FECYT e co apoio do Consello Social da UDC, o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia. Este ano mobilizamos 15 centros educativos de toda Galicia e contamos coa participación de case 400 estudantes. Esta axuda supón un novo reto para unha organización internacional coa implicación de 5 países”.

Sobre Erasmus+
Erasmus+ é o programa da UE que apoia a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa. Para o período 2021-2027, o programa fai especial fincapé na inclusión social, a dobre transición ecolóxica e dixital e o fomento da participación das persoas mozas na vida democrática.
Apoia as prioridades e actividades establecidas no Espazo Europeo de Educación, o Plan de Acción de Educación Dixital e a Axenda de Capacidades Europea. Ademais, o programa apoia o piar europeo de dereitos sociais, aplica a Estratexia da UE para a Mocidade 2019-2027 e desenvolve a dimensión europea do deporte.
Sobre Talentos Inclusivos
Talentos Inclusivos é un proxecto desenvolvido polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña, e que conta co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; o Consello Social da UDC; o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia a través das Consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e FP e Política Social e Igualdade.
O seu obxectivo é espertar vocacións STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics) entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
A través de Talentos Inclusivos, alumnos e alumnas de secundaria e bacharelato de diversos institutos de Galicia, teñen que buscar solucións tecnolóxicas a unha serie de retos que serán propostos por usuarios da entidade ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE e da Asociación de familias de persoas con parálise cerebral (APAMP).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?