Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Española de Videoxogos e a ONCE presentan na UVigo o libro branco da accesibilidade gamer
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Española de Videoxogos e a ONCE presentan na UVigo o libro branco da accesibilidade gamer

S. P.
Publicado: 23/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

videoxogos_uvigo_video1.jpgA accesibilidade no ámbito dos videoxogos é o eixo sobre o que xira o Libro Branco de accesibilidade, para desenvolvedores; elaborado pola Asociación Española de Videoxogos (AEVI) e a Fundación ONCE, que se presentaba o pasado venres 20 de setembro na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. O volume, editado en 2023, era presentado polo vicepresidente da AEVI, Arturo Monedero, no marco dunha xornada organizada polo Mestrado en Tradución Multimedia. Cómpre sinalar que o libro recolle unha serie de medidas e propostas de referencia para guiar os desenvolvedores e os estudos de videoxogos no seu camiño para converter os seus títulos en produtos máis accesibles.
Segundo Monedero, experto na industria dos videoxogos e fundador do estudio TLR Games, as medidas clave deste libro van desde o uso de tipografía alternativa de lectura sinxela, a información con códigos de cor, o lector de pantalla, os sistemas de puntería asistida, entre outras. O obxectivo desta guía é axudar aos deseñadores do mundo do videoxogo a conseguir a igualdade de oportunidades e o deseño universal nos seus produtos, para que todos poidan desfrutar do lecer que esta industria propón. Para a redacción do libro tivéronse en conta diferentes perfís de xogadores e xogadoras, que fan referencia a como se emprega a tecnoloxía, e que fan referencia á visión limitada, percepción da cor, audición, manipulación ou forza limitada, e capacidade cognitiva.
Indo ao libro, sinalar que recolle un total de 61 medidas de accesibilidade distribuídas en cinco categorías, en función do seu grao de dificultade de implementación: 28 catalogadas cunha estrela; 18 con dúas; 7 de tres; cinco de catro e, finalmente, tres de cinco estrelas. O que se buscan con estas 61 propostas é sensibilizar á sociedade sobre a accesibilidade e a discapacidade e poñer ao seu dispor unha guía de referencia sobre medidas de accesibilidade en videoxogos, relacionando os perfís de prestación funcional coas medidas de accesibilidade correspondentes e explicando como se poden desenvolver as distintas medidas de accesibilidade. Alén disto, AEVI e ONCE tamén buscan determinar a dificultade que implica a inclusión de medidas de accesibilidade por parte dos estudos e achegar aos creadores ferramentas para avaliar a accesibilidade dos seus produtos, poñendo á súa disposición a información relativa á accesibilidade hardware e os periféricos, así como poñer en valor a importancia da impresión 3D no mundo hardware e os periféricos adaptados.
Engadir que ao acto tamén acudiron o decano da Facultade de Filoloxía e Tradución, José Montero, e a coordinadora do mestrado, María Teresa Veiga Díaz.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?