Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cambre acolleu 500 promesas científicas na VII Open Science
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cambre acolleu 500 promesas científicas na VII Open Science

S. P.
Publicado: 23/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cambre_ciencia_3.jpgO concello coruñés de Cambre acolleu esta pasada fin de semana a sétima edición da súa Open Science, feira STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) para as novas xeracións e onde visualizar e probar o importante talento da rapazada. Foi organizada polo Concello e a Asociación Xuvenil XentD100 e reuniu a 500 estudantes de centros educativos de España, Portugal, Turquía e México, que expuxeron 90 proxectos científicos. No Facebook do Concello foron pendurados múltiples datos e fotografías que documentan o desenvolvemento da feira. Pola cita tamén pasou o CITIC poñendo o foco no seu proxecto Talentos Inclusivos.
cambre_ciencia.jpg A feira incluíu obradoiros, exposicións e moita creatividade. A culminación do evento foron os premios ás novas promesas da ciencia de Galicia, España e o estranxeiro. De feito, houbo galardóns para alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, ademais de para proxectos que cumpren cos obxectivos de desenvolvemento sostible. Na entrega de galardóns participou a alcaldesa, María Pan, quen convidou á rapazada a que siga pola senda da aprendizaxe e participando neste tipo de iniciativas.
cambre_ciencia_2.jpg Previamente a feira foi inaugurada polas codirectoras desta edición, Aroa Silva Pouse e Paula Méndez Gómez, que logo do acto de apertura de actividades deron paso a unha fin de semana chea de experimentos científicos feitos polos máis novos e novas, charlas e obradoiros.
O evento contou coa presenta dun dos grandes centros tecnolóxicos do panorama estatal, o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña, que contou cun stand onde dar a coñecer as liñas de traballo do se proxecto Talentos Inclusivos, programa referente a nivel estatal centrado no desenvolvemento de tecnoloxías accesibles.
citic_open-science-cambre-3-1024x768.jpg Durante a xornada, expuxéronse diversas actividades interactivas relacionadas co uso da tecnoloxía para mellorar a calidade de vida de persoas con discapacidade. Así, presentouse un dispositivo desenvolvido para facilitar a pintura a persoas con mobilidade reducida e desenvolvéronse actividades de Realidade Virtual deseñadas para traballar habilidades cognitivas en persoas con discapacidade intelectual, a cargo de Iago Fernández Garrido. Tamén foi presentada unha adaptación de controis para videoxogos da Nintendo Switch con Paula de Santos á fronte da iniciativa. Amais, mostráronse xogos personalizados para persoas con discapacidade como Compra con-migo, deseñado para facilitar a inclusión de persoas con discapacidade na contorna cotiá.
Así mesmo, a project manager de Talentos Inclusivos, Irene Brage Vázquez, formou parte do xurado encargado de avaliar os diferentes recantos científicos e seleccionar os proxectos gañadores entre os 90 presentados.
O evento desenvolveuse en distintos puntos do municipio de Cambre, incluíndo o Parque da Igrexa, o Campo da Feira e o pavillón Sofía Toro.
O CITIC reafirma o seu compromiso coa ciencia inclusiva e a divulgación tecnolóxica, promovendo a participación e o talento de mozos investigadores en eventos como a Open Science Cambre 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?