Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado informa da inminente desaparición da contratación telefónica de luz e gas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado informa da inminente desaparición da contratación telefónica de luz e gas

S. P.
Publicado: 23/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2024-carla_conde-pintos_y_salgado.jpgO despacho de avogados da Coruña especializado en dereito dixital, Pintos & Salgado, a través da avogada especialistas en protección de datos Carla Cendán, compartiu co inicio da semana unha nova publicación relativa á contratación de produtos das teleoperadoras e os cambios que vai experimentar a cuarto e medio prazo. En concreto, o bufete coruñés analiza a proposta de Regulamento Xeral de Subministración e Contratación do Gobierno de España, unha ferramenta xurídica que ten como obxectivo prohibir contratar luz e gas por teléfono, en proceso de remisión ao Congreso dos Deputados para someterse a aprobación. A respecto desta iniciativa, Pintos & Salgado indica que significará “o adeus inminente para a contratación telefónica de luz e gas”.
A avogada lembra que se trata dunha escena cotiá: “Recibimos unha chamada telefónica dun número descoñecido, collémolo e un comercial tenta vendernos unha nova tarifa de luz ou de gas, sen ningunha petición expresa previa pola nosa banda; trátase dunha acción que se busca combater co devandito regulamento se finalmente se aproba e que prohibirá que calquera comercializador realice prácticas de publicidade ou de contratación a través de chamadas telefónicas se o usuario non o solicitou”, sinala a avogada, engadindo que “de maneira constante, as empresas buscaron trucos para sortear a Lei Xeral de Telecomunicacións, que estipulaba a prohibición de recibir chamadas con fins de comunicación comercial, pero segundo as teleoperadoras non aludía de forma expresa á contratación de subministracións”. Con esa xustificación, explica Cendán, “continuaban ofrecendo servizos de comercialización de luz e gas.
imaxe_de_arquivo-telefonia-pixabay.jpgBaixo a perspectiva de Cendán, a nova normativa liquidará tres grandes problemas: “Primeiro, a falta de transparencia, pois por teléfono os cidadáns presentaban problemas para identificar con quen está a falar e para que empresa traballa o teleoperador. Tamén os posibles enganos e abusos, modulando a conversa para que o usuario terminase achegando información sobre a súa tarifa actual, prezos… e prometendo bonificacións que logo non eran tal”. E como terceira problemática, “terminarase co spam telefónico, tan intrusivo e sen ningún tipo de petición ou autorización previa”.
O Regulamento só admite unha excepción: que sexa o usuario quen, de forma expresa, solicite a contratación da luz e do gas por teléfono, tomando el ou ela a iniciativa da chamada, que deberá ser gravada integramente. Con esta medida reforzaranse as garantías dos usuarios e protexeráselles máis adecuadamente ante as contratacións telefónicas fraudulentas.
O bufete galego lembra que ao alcance de todo cidadán está a posibilidade de protexerse ante as chamadas comerciais, e existen algunhas pautas que se poden aplicar para iso. “Á nosa disposición está a Lista Robinson”, destaca Carla Cendán, “un sistema de exclusión publicitaria no que nos podemos rexistrar para expresar que non queremos recibir esta tipoloxía de contactos telefónicos. É unha opción gratuíta, cun proceso de inscrición sinxelo e telemático e reforza de xeito considerable a privacidade dos consumidores”.
Ademais, a incorporación á Lista Robinson é vantaxosa para denunciar posteriormente ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se unha empresa salta a restrición.
“E non debemos esquecer que temos un conxunto de dereitos relacionados coa normativa de protección de datos que podemos exercer: acceso, rectificación, dereito ao esquecemento, limitación do tratamento dos datos… Ademais de actuar como denunciantes ante a AEPD se detectamos estas malas praxes; así contribuímos como cidadáns a facer un seguimento e multar a quen salta a lei”, conclúe Cendán.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?