Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A veciñanza de Ribeira contribuirá o 3 de outubro á galeguización de ferramentas de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A veciñanza de Ribeira contribuirá o 3 de outubro á galeguización de ferramentas de IA

S. P.
Publicado: 24/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cartel_proxecto_nos_ribeira.jpgO vindeiro 3 de outubro o Proxecto Nós de Intelixencia Artificial, impulsado pola Universidade de Santiago e Secretaría Xeral de Lingua, recala en Ribeira co obxectivo de gravar as voces da veciñanza e impulsar o desenvolvemento dun dos grandes proxectos de Nós: facer realidade (coas contribucións orais da cidadanía) que a Intelixencia Artificial sexa quen de falar en galego.
Ao longo de todo o día un grupo de persoas expertas da USC estarán agardando polas voluntarias e voluntarios na Aula CeMIT de Ribeira (Cubeliños, 20) para amosar como gravar as voces das persoas que participen na xornada de xeito que poidan contribuír, en última instancia, a un uso pleno do galego en asistentes intelixentes, ordenadores ou dispositivos móbiles en xeral.
Desde o Concello fan un chamamento a “participarmos nun proxecto tan importante coma este para o futuro da nosa lingua”, só é preciso “establecermos contacto co Servizo de Normalización Lingüística (normalizacion@ribeira.gal; 981835650) para cadrar as horas nas que irmos á Aula CeMIT, e evitar así agardas”.
A xeira levarase a cabo o vindeiro 3 de outubro, xoves, en horario de 10 a 14 e de 16 a 21 h.
Detalles de Nós
O Proxecto Nós é unha iniciativa destinada a consolidar e dinamizar o galego no ámbito das tecnoloxías intelixentes de vangarda (impulsado pola Universidade de Santiago e a Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, agora Secretaría da Lingua). Unha das súas liñas de traballo consiste en recoller diferentes xeitos de falar da nosa terra a través dunha campaña de doazón de voz que busca crear unha gran base de datos dixital que salvagarde o tesouro galego das diversidades dialectais e fonéticas.
O Proxecto Nós: O galego na sociedade e na economía da Intelixencia Artificial está a xerar os recursos necesarios para colocar o galego “na vangarda das tecnoloxías intelixentes, nomeadamente naquelas áreas relacionadas coas tecnoloxías lingüísticas e, de modo xeral, na sociedade e economía da Intelixencia Artificial”. Dentro do proxecto compílanse recursos e desenvólvense ferramentas de alta calidade para o procesamento automático do galego, tanto oral como escrito. Ademais, produciranse demostradores de carácter xeral que permitirán mostrar as posibilidades dos ditos recursos e desenvolveranse casos de uso de alto impacto socioeconómico en diferentes contextos.
Os recursos desenvolvidos en Nós serán de libre acceso por terceiras persoas, o que vai permitir e facilitar o desenvolvemento de produtos e servizos finais baseados na lingua galega, por parte das empresas, institucións e organizacións, tanto públicas como privadas, que así o desexen. O proxecto encádrase dentro das estratexias galega, española, e europea orientadas ao desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións para a proxección e uso das linguas nos ámbitos de aplicación da IA. O Proxecto Nós é un proxecto da Xunta de Galicia cuxa execución foi encomendada á USC, a través do ILG e o CiTIUS.
A campaña AgasallaNós
O obxectivo da campaña AgasallaNós é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos recoñezan as distintas cadencias lingüísticas. A USC explicou recentemente que a finalidade desta campaña é “crear un rexistro o máis variado posible”, e para iso é preciso contar cunha gran cantidade de xéneros, idades e variedades dialectais.
As contribucións poden facerse tamén vía web, estando esta iniciativa integrada a ferramenta Common Voice, a aplicación de referencia a nivel mundial para a recollida de voces para o seu uso en materia de tecnoloxías lingüísticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?