Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os coidados e a innovación centran a VI Feira das Emprendedoras en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os coidados e a innovación centran a VI Feira das Emprendedoras en Santiago

S. P.
Publicado: 24/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

feira_emprendedoras_santiago.jpgA Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela celebra esta semana a súa sexta edición poñendo o foco na economía feminista e dos coidados. Farao a partir deste martes 24 e ata o venres 27. O programa, no que colaboran a Concellaría de Promoción Económica e a Universidade de Santiago, a través de Woman Emprende, inclúe actividades gratuítas de formación en liña. O colofón do programa será unha xornada aberta ao público no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, no centro histórico de Compostela.
Na presentación da axenda a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, salientou a colaboración entre o Concello, a Universidade e as empresas en iniciativas coma esta, “unha colaboración imprescindible para avanzar nos retos que ten Santiago por diante, tamén nos retos económicos”. Sinalou tamén que o evento central da VI Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela será o encontro aberto ao público que se vai celebrar o día 27 no Centro Sociocultural Maruxa e Coralia, desde as 10.00 ata as 18.00 horas.
O programa inclúe catro mesas redondas para reflexionar sobre igualdade, emprendemento feminino ou economía dos coidados. A primeira delas xuntará ás influencers galegas Sara Seco e Leticia Miraz (Leti da Taberna), que falarán sobre como amosan a realidade das mulleres e a desigualdade nas súas redes dixitais. De seguido, haberá outra mesa redonda sobre igualdade, sexualidade e vínculos afectivos, coa participación da experta en igualdade Priscila Retamozo e da psicóloga Lucía Álvarez.
A terceira das palestras contará coa participación de Marcos Saavedra e Paz Picallo, que amosarán a súa experiencia en proxectos innovadores como como Designthinking.gal, Maker Faire Galicia ou VermisLAB. Por último, está prevista unha conversa sobre a invisibilidade do traballo dos coidados, coa xefa de traballo social da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, Isabel Sánchez; e a profesora de antropoloxía social e cultural da USC, Guadalupe Jiménez.
Formación en liña
A VI Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela complétase cos seminarios de formación en liña, que se desenvolverán do 24 ao 26 de setembro, en horario de 16:30 a 17:30. O programa comenzará o día 24 con Eva María Aguayo Lorenzo, do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX), que reflexionará sobre a economía feminista. Ao día seguinte, María Luz Loureiro García, de ECOBAS, falará sobre a sostibilidade na toma de decisións na empresa e na administración; e xa para rematar, Bibiana Martínez, do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), impartirá o día 25 un seminario sobre a análise da economía circular desde o prisma da economía feminista.
Os seminarios de formación son de balde, están dirixidos á comunidade universitaria e son abertos ás emprendedoras de Compostela. A inscrición pódese facer a través da web womanemprende.org.
O encontro presencial do día 27 será retransmitido, en directo e en aberto, a través da canle de YouTube de Woman Emprende.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?