Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG leva a súa campaña Toponimízate ao concello pontevedrés de Barro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG leva a súa campaña Toponimízate ao concello pontevedrés de Barro

S. P.
Publicado: 26/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240924-toponimizate-barro.jpgCoñecer de onde ves, saber máis sobre o lugar no que vives, o significado do seu nome, estes aspectos son o epicentro da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra ideada pola Real Academia Galega (RAG) co apoio da Secretaría da Lingua e que pecha o mes de setembro no concello pontevedrés de Barro. As persoas asistentes ao acto aprenderán nesta sesión que terá lugar o venres 27 no salón de plenos da Casa do Concello, a partir das 20 horas, como empregar a aplicación Galicia Nomeada, que lle permite á veciñanza participar na recolleita e xeorreferenciación de nomes de leiras, montes, camiños, regos e outros microtopónimos que corren o risco de se perder.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, presentará a charla, a cargo de Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada e da unidade técnica de toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia, que organiza esta campaña coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua.
Salientar que a finalidade destas charlas Toponimízate é involucrar novos colaboradores que se sumen á plataforma Galicia Nomeada. Dela xa forman parte máis de 3700 usuarios e usuarias que, desde finais de 2019, recuperaron case 82.000 topónimos, só 54 no concello de Barro. A esta circunstancia cómpre sumarlle que Barro non foi obxecto do traballo de campo do Proxecto Toponimia de Galicia cando este estivo activo entre 2000 e 2011.
O público tamén coñecerá a orixe e significado dos nomes das parroquias de Barro, unha parte da charla que conta coas achegas etimolóxicas realizadas polo académico e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza. Entre os diferentes nomes que se tratarán, figuran o da freguesía de Perdecanai, documentado nos textos da Idade Media como Pera de Canay e Parada Canay; un topónimo que é posible que leve consigo os nomes de dúas das aldeas desta parroquia, Parada e Canai.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?