Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha Ágora Dixital, plataforma para o profesorado con 120 recursos STEM xa dispoñibles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha Ágora Dixital, plataforma para o profesorado con 120 recursos STEM xa dispoñibles

S. P.
Publicado: 26/09/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

240926_agoradixital_x-4.jpgA Xunta presentou este 26 de setembro os detalles de Ágora Dixital, unha nova plataforma de recursos para axudar ao profesorado a desenvolver metodoloxías innovadoras na aula e que “xorde da necesidade de contar cun espazo público no que atopar estratexias e actividades para empregar na clase, especialmente no relativo ás competencias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática), que se enfrontan na actualidade a unha constante actualización e novos retos”, sinalou o conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, quen agradeceu a colaboración dos docentes que participaron na elaboración dos 120 primeiros recursos xa dispoñibles.
Rodríguez tamén animou a todas e todos a colaborar no enriquecemento da plataforma, “un traballo en equipo para mellorar a aprendizaxe dos alumnado e para dar visibilidade ás boas prácticas do profesorado da Comunidade”.
Informou que neste momento hai máis materiais en produción e que “desde a Consellería vaise favorecer a creación de novos contidos”. Para iso, abrirase un apartado en Ágora Dixital baixo o título Tes unha idea? O obxectivo, sinalou, é que os profesores que presenten unha proposta poidan compartila e darlle forma no Centro de Innovación Educativa e Dixital de Galicia.
Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, lembrou que este curso” comeza a maior modernización do ensino galego dos últimos 30 anos e nesa meta intégrase Ágora Dixital para responder aos retos tecnolóxicos”. Engadiu que “é unha ferramenta creada por docentes e para docentes para facerlles máis doado o seu traballo e ofrecer a mellor formación ao alumnado”.

Contidos
  • Espazo aberto á comunidade escolar
  • Seis laboratorios de aprendizaxe

Espazo aberto á comunidade escolar

Segundo explicaron, Ágora Dixital funciona como “unha praza aberta á comunidade educativa na que os docentes poden atopar recursos dixitais para empregar na aula e elaborar outros novos”. Os materiais están baseados nunha aprendizaxe experimental, significativa, flexible, de curta duración e moi específica co fin de facilitar a transformación educativa nun clic.
Engadiron que a súa gran particularidade é “a súa fiabilidade”, dado que son materiais elaborados por profesores e expertos, pola súa practicidade, dado que están testados en contextos reais na aula, e pola súa dispoñibilidade en galego e en castelán. Todos eles presentan unhas características comúns, con etiquetas para clasificar, organizar e facer buscas entre todas as publicacións que se recollen.

Seis laboratorios de aprendizaxe

agora_dixital_web.jpg As publicacións de Ágora Dixital están estruturadas en seis apartados ou laboratorios: LAB-Microsecuencias, LAB-Espazos, LAB-Estratexias, LAB-Ideas, LAB-Expert, LAB-IA
O LAB-Microsecuencias propón microexperiencias de aprendizaxe reproducibles na aula, por exemplo aprender como funciona o sensor de aparcamento dun coche empregando materiais de robótica; mentres que no LAB-Espazos ofrécense consellos para a creación de novos espazos de aprendizaxe en base ás experiencias doutros centros, como o uso das aulas sensoriais.
Pola súa banda, o LAB-Estratexias céntrase en propoñer metodoloxías de aprendizaxe innovadoras (como o discurso lóstrego) e o LAB-Ideas funciona como unha porta aberta a outros recursos ou convocatorias de interese. Neste último apartado pode atoparse, por exemplo, un achegamento aos recursos didácticos en liña do CERN.
LAB-Expert céntrase en entrevistas, en formato vídeo curto, con persoas expertas do mundo dixital e STEM e a educación sobre tendencias emerxentes. No catálogo actual pódese atopar unha conversa na que a pedagoga Nélida Zaitegi aborda a convivencia positiva, eido no que é unha recoñecida experta, ou co investigador e especialista en Intelixencia Artificial do Centro de Investigación en TIC da Universidade da Coruña, Francisco Bellas, que afonda no impacto desta no ensino, entre outras entrevistas.
Precisamente o último dos apartados da plataforma, LAB-IA, dedícase aos docentes que desexen iniciarse na IA, un dos grandes desafíos do ensino a medio prazo. Inclúe pequenas achegas sobre a implementación da Intelixencia Artificial a nivel educativo para persoas que desexen iniciarse nesta temática, arredor de conceptos como a árbore de decisións ou a aplicación ChatGPT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?