Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FalaRedes e Galeatro levan a catro localidades a función que reivindica un bo uso das redes: Wombo Combo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FalaRedes e Galeatro levan a catro localidades a función que reivindica un bo uso das redes: Wombo Combo

S. P.
Publicado: 26/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wombo_combo_3.jpgO programa de dinamización do galego FalaRedes, impulsado pola Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García, chega ao tempo do outono cunha pequena xira do espectáculo teatral Wombo Combo da compañía Galeatro, xira que fará parada en Muros (o 5 de outubro), Ribeira (o 9 de novembro), Viveiro (o día 10 de novembro) e Foz (o día 15 novembro).
Esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023, está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos. Constitúe unha incisiva reflexión sobre as vidas virtuais, a adición ás tecnoloxías e a soidade na adolescencia e grazas elas podemos “contemplar como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, pode levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e ao illamento”. Tamén pon o foco en como os escenarios dixitais van gañando terreo nas nosas vidas en detrimento do presencial.
Calendario
wombocombo-2.jpg05/10/2024. Muros. 19:00 h. Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil.
09/11/2024. Ribeira. 20:00 h. Auditorio municipal.
10/11/2024. Viveiro. 18:00 h. Teatro Pastor Díaz.
15/11/2024. Foz. 18:30 h. Salón de Actos da Casa da Cultura.
Máis sobre Wombo Combo
A función é unha peza para público infantil, xuvenil e familiar que nos conta a historia de Sara, unha rapaza que é vítima de acoso escolar, e da súa relación coa realidade virtual e das novas tecnoloxías. Sara, máis polo miúdo, non ten amigas nin amigos nin é brillante nos estudos. Para evadirse da crúa realidade xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas. Chegado un punto, descobre que pasa máis tempo na vida virtual ca na real.
Equipo artístico
Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez
Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli e Yanina Torres
Espazo sonoro e músicas: Davide González e Martín Rodríguez
Deseño Iluminación: Nacho Martín
Deseño Imaxe: Andrea Ures
Dramaturxia: Paula Carballeira
Dirección: Davide González

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?