Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo da Emigración sobe á Rede fondos documentais da Agrupación Artística Gallega da Habana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo da Emigración sobe á Rede fondos documentais da Agrupación Artística Gallega da Habana

S. P.
Publicado: 26/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_ig_memoriadocumental_201976.jpgFondos da Agrupación Artística Gallega da Habana, creada en 1919 e hoxe aínda en activo, conforman a nova entrega do especial web Memoria documental das sociedades da emigración galega que mantén o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG) e xa dispoñible na web da institución.
Deste xeito, o Arquivo da Emigración Galega (AEG) pon na Rede o material pertencente esta sociedade que estivo presente na vida cultural habaneira dende o inicio do século XX e que segue activa. Entre o material que se pode atopar hai libros de actas das reunións das xuntas directivas da Agrupación, en intervalos que oscilan entre 1922 e 1934; libros de actas das reunións das xuntas xerais de socios (1944-1949); regulamentos de 1919 e 1921 e tamén unha carta de 1927 e libros de balances de tesourería dos anos 20 ou libros de rexistro de socios que abranguen boa parte do século XX. Tamén se conserva, aínda que sexa incompleto, o libro de caixa de funcións teatrais de 1923 ata 1926, que rexistraba o que custaba poñer en marcha unha función teatral (alugueiro do teatro, imprimir convites…) hai un século na Habana.
ccg_em_cu_aag_libro-caixa-funcion-teatral_1923-2.jpg Entre a documentación que se pode consultar na web está tamén o volume de asociados e cantidades ingresadas. Entre elas pódese ver unha axuda económica que se decidiu enviar a unha das fillas de Manuel Curros Enríquez. Esta agrupación formaba parte da rede solidaria de asociacións de galegos e españois no exterior que se organizaban para reunir capital co obxectivo de obras solidarias.
O proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega
Dende febreiro deste ano o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega puxo en marcha o proxecto Memoria documental das sociedades da emigración galega. Trátase dunha iniciativa que procura divulgar os fondos documentais que se custodian no AEG sobre as diferentes asociacións microterritoriais creadas na diáspora galega. Cunha periodicidade mensual, póñense na Rede os documentos xerados por estas institucións. Trátase de elementos como libros de actas, regulamentos, correspondencia, memorias sociais, libros de contabilidade ou imaxes co fin de contribuír á súa preservación e facilitar a súa consulta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?