Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios RAGC-UIE recoñecerán o labor da nosa nova comunidade investigadora
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios RAGC-UIE recoñecerán o labor da nosa nova comunidade investigadora

S. P.
Publicado: 26/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

convenio_uie_ragc.jpgPromover a investigación científica en Galicia, recoñecendo e potenciando as traxectorias de investigadoras e investigadores novos que desenvolven a súa carreira en centros da nosa comunidade é a finalidade dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores xoves que crearon a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE).
Deste xeito vén de publicarse a primeira convocatoria deste certame, que terá unha periodicidade bienal e distinguirá tres eidos de coñecemento, cunha dotación de 5000 euros cada un dos tres premios. Por unha banda, recoñecerase a contribución da investigación ao desenvolvemento das Ciencias Básicas en Galicia, en calquera dos ámbitos da Física, a Química, as Matemáticas, a Bioloxía, as Ciencias Biomédicas e a Xeoloxía. Asemade, premiarase o impacto da investigación no desenvolvemento das Ciencias Sociais na nosa comunidade nos eidos da Economía, a Socioloxía, a Antropoloxía social e a Psicoloxía social. Por último, no campo das Ciencias Técnicas recoñecerase a contribución da investigación ao desenvolvemento tecnolóxico nas áreas da Enxeñaría e a Arquitectura, valorando o grao de innovación e a súa aplicabilidade. En cada unha das categorías poderá concederse un accésit.
Segundo se di nas bases do certame, poderán presentar a súa candidatura todos aqueles investigadores e investigadoras que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que non superen os 40 anos de idade, ou os 42 no caso das mulleres que foran nais ou das persoas con algunha incapacidade.
O 15 de outubro remata o prazo para presentar as candidaturas a estes premios e estas deberán presentarse a través dun formulario específico na web da RAGC, describindo a traxectoria investigadora. Valorarase a contribución á creación de coñecemento por medio de publicacións en libros e revistas, a traxectoria internacional, a dirección ou participación en proxectos e captación de fondos para investigación, a dirección de teses de doutoramento e de proxectos fin de máster, así como a difusión da ciencia á sociedade. As premiadas e premiados recibirán os seus galardóns nun acto que se celebrará en decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?