Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volven os obradoiros formativos ao Espazo Maker Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volven os obradoiros formativos ao Espazo Maker Compostela

S. P.
Publicado: 26/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

espazo_maker_santiago.jpgO Espazo Maker Compostela volve abrir as súas portas na Casa das Asociacións de Cornes despois das vacacións de verán, e faino ofertando novos obradoiros formativos que se desenvolverán ao longo do mes de outubro. As actividades, que se celebran os venres pola tarde e os sábados pola mañá, teñen como obxectivo “axudar á comunidade maker de Compostela en diferentes materias como electrónica, programación, ou deseño 3D”, explicou o Concello, engadindo que as inscricións son de balde.
O 5 de outubro
O Espazo Maker Compostela retoma a actividade o sábado 5 de outubro cun obradoiro de iniciación á electrónica Arduino, no que as persoas participantes construirán un medidor de luz ambiental. No venres 11 está prevista unha actividade de iniciación ao deseño e impresión 3D; o sábado 19 de outubro haberá un obradoiro de iniciación á programación en C++ e Arduino; e o sábado 26, unha actividade relacionada coa realidade virtual. As inscricións xa están abertas a través da web espazomaker.werobots.org.
santiago_1727343114espazo_maker_compostela_a4_page-0001.jpg Dende xullo
O Espazo Maker Compostela empezou a funcionar en xullo na Casa das Asociacións de Cornes, nunha aposta da Concellaría de Promoción Económica por dar continuidade a “outras iniciativas exitosas” como por exemplo a Academia Maker (que funcionara de maneira itinerante pola rede de Centros Socioculturais) ou o laboratorio dixital móbil que percorreu a cidade durante varias semanas.
Estas accións estaban enmarcadas no programa de dinamización económica Faino Ti, financiado con fondos europeos da EDUSI. O equipamento informático e tecnolóxico utilizado nesas iniciativas pasou a ser propiedade do Concello, e é o que se utiliza no Espazo Maker Permanente, que ten como obxectivo impulsar a innovación e a creatividade entre a cidadanía de Santiago, fomentando a súa participación en actividades tecnolóxicas. Estas instalacións contribúen a acadar os obxectivos establecidos na Axenda Urbana 2030 de Santiago, promovendo a innovación, a sustentabilidade e a participación cidadá. En concreto, dá cumprimento con estas accións á liña de acción relativa á diversificación económica, que sinalaba o reto da creación dun espazo maker e de que Compostela sexa a sede permanente da Maker Faire Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?