Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alumnado do Campus de Ferrol presenta os seus videoxogos na sétima edición da feira IndieDevDay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alumnado do Campus de Ferrol presenta os seus videoxogos na sétima edición da feira IndieDevDay

S. P.
Publicado: 27/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

udc_indiedevday.jpgO alumnado do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), presenta os xogos What the Hell e Platyfrog na sétima edición da feira IndieDevDay de Barcelona, que está a ter lugar en La Farga de Hospitalet de Llobregat, desde este venres 27 ata o domingo 29 de setembro. Ao longo destas tres xornadas, o público participante poderá visualizar os trailers e probar as demos destes dous proxectos nados como Traballos Fin de Máster no stand da Universidade da Coruña.
Polo que respecta a What the Hell, desenvolvido polo estudio Nameless, trátase dun xogo de desprazamento lateral con elementos de plataformas, acción 2.5D e crebacabezas ambientado nos infernos de Dante. Detrás deste título está o alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Lara Fernández Romero, Manuel Fernández Veiga, Natalia Froiz Míguez, Miguel González Obenza, Paula Martínez Taboada, Teresa Pecker Gayarre, Albert Ramírez Rivero e Alberto Tajuelo Real.
Pola súa banda, o estudo Piña Colada presenta Platyfrog, un xogo de aventuras e plataformas 3D onde un ornitorrinco chamado Firu e unha ra de nome Ben, integrantes de dúas civilizacións rivais, terán colaborar para sobrevivir.
Integran o equipo de traballo os tamén estudantes do Campus Industrial da UDC Laura Bey Senra, Andrea Fernández Mariño, Álvaro Hayek Alfonso, Sofía Pelegrín Mellado, Paula Portal Ruíz, Anllelo A. Reina Montañez, Viviana Rodríguez Domínguez e Eduard A. Sánchez Maya.
Mellor Proxecto Académico e Premio ao Videoxogo máis Cozy en 2023
Na pasada edición da IndieDevDay de Barcelona dous proxectos nados no Campus Industrial de Ferrol da UDC acadaron cadanseu premio. Así, Quack Time Event, un videoxogo de plataformas e quebracabezas en primeira persoa ambientado nun templo en ruínas de onde o xogador ou xogadora ten que saír botando man dos poderes espazo-temporais que lle concede un deus representado por un pato de goma conseguiu o Premio ao Mellor Proxecto Académico.
Pola súa banda, Avy, fábulas da noite, un videoxogo de plataformas, puzzles e aventuras no que o xogador ou xogadora se achega a un mundo de xoguete onde non todo é o que parece, acadou o Premio ao Videoxogo máis Cozy. Este último título, nado igual que o resto como traballo final do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), logrou tamén o galardón ao Xogo coa Mellor Arte na X Edición do Premios iokool PlayStation Talents que promove Sony Interactive Entertainment España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?