Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: atlanTTic presenta un proxecto para a atención á lonxevidade con usuarios de AFAGA Alzhéimer
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

atlanTTic presenta un proxecto para a atención á lonxevidade con usuarios de AFAGA Alzhéimer

S. P.
Publicado: 27/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_afaga.jpgAs solucións e innovacións dixitais de cara á prevención e atención á lonxevidade foron os temas sobre os que tratou a xornada informativa que se levou a cabo esta semana por parte da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (AFAGA).
Así, durante o acto, presentáronse os resultados do proxecto SAPIENS (Services & Applications for Healthy Ageing), desenvolto polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo atlanTTic, entre os participantes achegados por AFAGA Alzhéimer e incluídos nunha mostra total de 73 persoas maiores de 50 anos.
Indo ao proxecto, dicir que parte da adaptación dixital dos test tradicionais T-MOCA e GDS-15 de detección da deterioración cognitiva e depresión, respectivamente, para o seu uso en altofalantes intelixentes ou asistentes conversacionais tipo Alexa, adestrados con Intelixencia Artificial (IA) e técnicas de Machine Learning.
Segundo Luís Anido Rifón, responsable do proxecto SAPIENS e os investigadores Noelia Prieto e Moisés Pacheco, de atlanTTic, foron os encargados de presentar as conclusións máis importantes dos estudos e cribados realizados con estas novas ferramentas tecnolóxicas. Entre elas, demostrouse que os resultados obtidos polos test tradicionais e os dixitais eran semellantes e que o uso da IA elimina erros no diagnóstico, ao achegar novas variables, como os tempos de resposta ou as repeticións, que non se teñen en conta nos test tradicionais. Os resultados tamén amosaron unha boa aceptación destas ferramentas tecnolóxicas, tanto en usuarios como en profesionais.
Engadir que SAPIENS contou co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación e, no caso do estudo con AFAGA, recibiu ademais o apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Ao longo do encontro tamén se falou de Innov4life, un ecosistema transfronteirizo de innovación colaborativa en saúde dixital. A investigadora Alba Felpete (da USC) explicou que este ecosistema, dotado cun fondo europeo (Interreg) de 1,5 millóns de euros coordinado pola Universidade de Porto, xunto a AFAGA Alzhéimer, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), a entidade Santa Casa da Misericórdia de Riba de Ave (Portugal) e UPTEC Parque de Ciência e da Tecnologia da Universidade de Porto, ten como obxectivo validar solucións dixitais innovadoras centradas nas demencias e na deterioración cognitiva e crear dous Living Labs no norte de Portugal e no Hospital Cunqueiro de Vigo.
Para rematar, a investigadora Irene Rodríguez, de Envita Stories, explicou o programa de intervención colaborativa, que desenvolve esta startup entre profesionais, persoas maiores e familias, a través da dixitalización da historia de vida das persoas maiores. Conta ademais coa ferramenta tecnolóxica Escala Me Ves, desenvolta pola Universidade Internacional de Valencia, que avalía o impacto desta metodoloxía de historias de vida e coidados narrativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?