Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha nova edición do Terra Creative Jam
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha nova edición do Terra Creative Jam

S. P.
Publicado: 27/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Foto de Santi Alvite (USC)
Foto de Santi Alvite (USC)
Unha nova edición do Terra Creative Jam xa está en marcha para achegar solucións que sirvan para “reinventar o rural”. Trátase dun evento creativo e de innovación para a xeración de ideas na USC previsto para os días 19 e 20 de outubro na Residencia Universitaria Jesús Bal e Gay do Campus de Lugo. O certame ten aberto o prazo de inscrición tanto para equipos como para participantes individuais de ata 35 anos. O período de rexistro remata o 18 de outubro, ás 20.00 horas.
Ao longo de dúas xornadas, o Terra Creative Jam ofrece obradoiros, así como múltiples desafíos sociais, ambientais e tecnolóxicos. As persoas inscritas poderán desfrutar dunha primeira xornada de ideación, con xogos de creación de ideas e proxectos sostibles, formación con obradoiros específicos, prototipaxe con maquinas 3D, corte láser, gamificación, drons, Realidade Virtual e IA (Intelixencia Artificial), alén de actividades deportivas e lúdicas con escape room e escalada. A segunda xornada consistirá nun hackaton onde por equipos traballarán no seu prototipo para crear a súa solución e expoñela ante o xurado.
O evento toca diferentes temáticas que van dende a economía verde, a produción eficiente e sostible; educación rural inclusiva e de igualdade; emprendemento das mulleres do rural; seguridade alimentaria; rural tech, desenvolvemento local, envellecemento activo no rural, ata rexurdimento creativo e cultural.
As ideas, produtos e servizos que se desenvolvan deberán estar ligados ás temáticas do evento Crea oportunidades para o rural. Os tres mellores prototipos de proxecto serán premiados cunha praza para todo o equipo na Residencia formativa Lof Talent e no Programa de emprendemento Explorer USC. Ademais, cada un dos membros do equipo gañador, recibirá premios como cámaras tipo GoPro, impresoras 3D-mini e tabletas, entre outros.
Este evento está promovido polo Campus Terra a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) en colaboración coa incubadora Lug Open Factory. A actividade é totalmente gratuíta. Ademais, facilitaráselles aos asistentes, desprazamento, aloxamento e mantenza durante os dous días que dura o Terra Creative Jam.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?