Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Curtocircuíto celebra a súa 21ª edición cun programa igualitario, innovador e internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Curtocircuíto celebra a súa 21ª edición cun programa igualitario, innovador e internacional

S. P.
Publicado: 30/09/2024
11 Min de Lectura
Compartir
11 Min de Lectura

curtocircuito_santiago.jpgO Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebrará a súa vixésimo primeira edición cunha programación competitiva marcada polo compromiso coa igualdade e cunha ampla representación internacional. Entre o 1 (este martes) e o 6 de outubro achegarase un programa “comprometido co seu tempo” e cunha “ampla representación internacional”, destacou o Concello de Santiago, salientado que neste formato “conviven o cinema con destacados espectáculos AV e sesións especiais con proxeccións e encontros entre destacadas profesionais e artistas, mostrando de novo a vontade da organización por ofrecer un programa que transcende a experiencia tradicional de visionado de filmes nunha sala de proxección”.
A concelleira de Capital Cultural Míriam Louzao presentou este luns 30 de setembro o programa do festival nunha rolda de prensa que contou tamén coas intervencións do deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Penas; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo.
Na súa intervención, o director do festival, Pela del Álamo, agradeceu a colaboración das institucións e entidades participantes e fixo especial mención ao esforzo do Concello por consolidar e dar maior “estabilidade” ao certame a través dunha licitación da organización prorrogael durante 4 anos, “algo que acontece por primeira vez na historia de Curtocircuíto, e que nos permitirá e nos trasladará a responsabilidade de construír un modelo de festival máis eficiente, máis interesante e mellor”, declarou.
Durante as seis xornadas de Curtocircuíto, Santiago de Compostela gozará dunha escolma de 42 películas procedentes de 16 países, distribuídas en tres seccións (Cosmos, Planeta GZ, Supernova) que foron seleccionadas entre os máis de 2.000 títulos recibidos. Deses filmes, 28 están dirixidos por mulleres, máis do 66 % do total. Presentarán as súas novas obras cineastas como Elena López Riera, Marina Lameiro, Gala Hernández, Sandra Schäfer ou Rainer Kohlberger.
O cinema galego mantén a súa ampla presenza na programación, catro das oito seccións de cinema están dedicadas a cinema galego: Planeta GZ, Supernova, Terra e Curtocircuíto x Cineclube de Compostela.
A Sección Oficial Cosmos propón unha heterodoxa selección de filmes que abrangue desde cinema narrativo ata pezas abstractas, con numerosos ensaios fílmicos. Intégrana 25 pezas procedentes de países entre os que se contan Estados Unidos, Alemaña, Francia, Bélxica, Países Baixos, Suíza, Austria, Xeorxia, Irán , Bangladesh, Filipinas, Corea do Sur, Andorra, Suíza e España.
O risco e a innovación marcan as obras que se poderán ver en Curtocircuíto, onde atopamos propostas de ficción, documental e ensaio. Gozaremos en Santiago dos traballos de Gerard Ortin, Gala Hernández, Nicolas Gebbe, Daniel Pitarch, Sam Drake, Camille Vigny, Sandra Schäfer, James N. Kienitz Wilkins, Arvin Belarmino, Viv Li, Sara Rajaei, Joung Yumi, Elena López Riera, Ataka51, Stefanie Weberhofer, Laura Moreno Bueno, Rachel Walden, Keto Kipiani, Frank Sweeney, Rainer Kohlberger, Boris Hadžija, Hoda Taheri, Andrea Sánchez, Marina Lameiro, Caroline Poggi, Jonathan Vinel e Nikola Ili&#263.
Ao tempo, Planeta GZ celebra o cinema galego con nove películas asinadas por Nela Fraga, Hugo Amoedo, Inés Pintor, Sabela Eiriz, Paula Fuentes, Guillermo Cabrera, Fran Rodriguez Casal, Irene Saenz Carballeira, Feyrouz Serhal, Ariadna Cordal García e Pablo Fontenla.
O cinema emerxente galego citarase en Supernova con filmes de Cris Souto, Anxo González Álvarez, Clara Maseda da Veiga, Patricia Lleras, Ramón Martínez, Elena Mato e Carmen Méndez.
curtocircuito_cartaz_2024-2.jpgOs filmes programados optan a cinco premios oficiais e catro galardóns concedidos por xurados especiais: O Premio Cosmos á mellor película, dotado con 4.000 €: o Premio Cosmos á mellor película innovadora, cunha dotación de 2.000 €; o Premio Cosmos á mellor película española, que outorga á proposta á gañadora 1.000 € de dotación, outros 1.000 € en alugueiro de material de rodaxe patrocinado por RC Service e a cualificación dos Premios Goya da Academia das Artes e das Ciencias Audiovisuais de España; o Premio Galiza, dotado con 2.000 € e o Premio Supernova, sen dotación e patrocinado por Galicia Calidade. Ademais, outorgaranse varios premios concedidos por xurados especiais: como o Premio do Público e o Premio Cátedra Cruz Vermella da USC, dotados cada un deles con 1.500 €, o Premio do Xurado Novo, cunha dotación de 1.000 € e o Premio #OutraCompostela, patrocinado por Galicia Film Commission, Turismo de Santiago e galardoado cun curso de formación para as persoas integrantes do equipo de traballo na Escola Unitaria.
Espectáculos AV
Curtocircuíto 2024 conta cun cartel de espectáculos audiovisuais marcado pola vangarda e unha destacada nómina de artistas internacionais: 33EMYBW (Shanghái), Joey Holder (Reino Unido), Ricardo Giovinetto, (Italia), Alessandra Leone (Italia) Zoë Mc Pherson (Francia, Irlanda), Yousuke Yukimatsu (Xapón). O programa inclúe tamén artistas visuais e sonoros da escena galega e estatal como Irene de Andrés, Xabi Bértolo, Saúl Puga, Paulo Iván Torres Hernández, Andrés Rodrigues, Xoán-Xil, Bromo (Paloma Peñarrubia & Azael Ferrer), Emil Sáiz, Judith Adataberna, Javi Álvarez, ou Mwëslee. Dos 10 espectáculos audiovisuais, 4 son galegos.
Todas as actuacións desenvolveranse entre o xoves 3 e o domingo 6 de outubro no Teatro Principal e a Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Segundo a organización, con esta vertente “Curtocircuíto consolida a súa aposta por reivindicarse como un festival comprometido coas novas linguaxes audiovisuais, superando os límites da pantalla e as proxeccións convencionais”.
Sesións especiais
A inauguración correrá a cargo da formación efémera Submarina de Improvisación (Xavier Bértolo –teclados e sintetizadores–, Paulo Pascual –theremín– e Saúl Puga –contrabaixo–), que musicará en directo o filme Vinte mil leguas de viaxe submarina (Stuart Paton, 1916).
O artista e docente Mario Santamaría ofrecerá a sesión Seguir un cable e enterrarnos no mar, mentres que a oceanógrafa, escritora e artista Mae Lubetkin percorrerá as profundidades oceánicas na súa sesión Futuros dos fondos mariños: Ciencia e ficción en dimensións profundas.
O festival tamén acollerá a mesa redonda Instrumentos de Visión: metodoloxías e analoxías entre a ciencia e a fantasía, organizada en colaboración co Art.Lab do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) a partir da súa exposición Instrumentos de Visión, do artista Armin Linke e comisariada por Mónica Bello desde Arts at CERN.
Ademais, Curtocircuíto, en colaboración co colectivo Galiza Emocional, propón unha Expedición Metaturística da man da antropóloga mexicana Valeria Mata e do director de escena galego Marcos PTT.
E tamén neste 2024, Curtocircuíto lanza #OutraCompostela, a actividade que xorde coa vocación de educar ao redor do cinema e que, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, co apoio de Santiago Turismo e da Santiago de Compostela Film Commision, lanza un concurso universitario que se desenvolverá a través das redes sociais.
A cativada tamén terá o seu espazo para gozar do cinema en Curtocircuíto coas seccións Teenage Riot e Criaturas, nas que se realizou “unha coidada selección de filmes en función das súas idades”. Na sección Teenage Riot atopamos L”Aliat de Guillem Marí, Furiosas de Thomas Vernay e Malas herbas de Reuben Hamlyn.
A sección Criaturas acolle as obras Caendo de Carlos Navarro, Os humanos constrúen os nenos máis grandes de Isaac King, Cacofonía de Vincent Coudroy de Lille, Cafuné de Carlos F. de Vigo e Lorena Ares, Deberes de Nacho Arjona, Eu vou comigo de Chelo Loureiro e Ciao peskao de Andrea García García e Guillermo González Fidalgo.
A sesión especial Terra está dedicada este ano a Alberto Gracia, quen impartirá a clase maxistral O cinema de hoxe: o diván e a xestión de residuos na que reflexionará sobre a forma na que el entende o cinema, o soño doutro. Esta sesión, que terá lugar na Facultade de Comunicación, profunda na relación que mantén o Festival coa Universidade de Santiago de Compostela.
No marco da colaboración de Curtocircuíto coa USC, inaugúrase a Cátedra Cruz Vermella – USC, dependente da Facultade de Psicoloxía, co fin de seguir tendendo pontes de mediación cultural entre o cinema e a vida das persoas. É nese marco, que a 21ª edición, Curto inaugura o mencionado Premio Especial Cátedra Cruz Vermella – USC, cunha dotación de 1.500 €, para recoñecer as pezas con contido destacable no eido da diversidade nas persoas maiores.
Dentro desta sección, poderanse ver obras de catro mulleres cineastas. En As noivas do Sur, estreada no pasado festival de Cannes, Elena López Riera presenta un grupo de mulleres maduras que falan do desexo, do seu matrimonio e da súa relación íntima coa sexualidade. Proxectarase tamén o primeiro traballo como cineasta da actriz galega Carmen Méndez. Pura é o retrato da súa nai e da súa avoa e é tamén o seu propio retrato. Á súa vez, Cuerdas, da directora de 20.000 especies de abellas, Estíbaliz Urresola Solaguren, preséntanos unha coral de mulleres que está a piques de disolverse porque perderon unha subvención municipal e agora debe decidir se acepta ou non o patrocinio dunha das empresas que máis contamina o seu val. Por último, Life Story, da norteamericana Jessica Dunn Rovinelli propón un texto autobiográfico orixinal da filósofa McKenzie Wark que se combina cunha investigación do seu corpo espido e a súa vida doméstica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?